Desde o Fogar desexámosvos un feliz Día do Libro! E para celebralo, aquí van unhas cantas recomendacións lectoras:
martes, 23 de abril de 2024
viernes, 16 de abril de 2021
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL: LECTURAS RECOMENDADAS
Aínda que poidamos pensar que a escravitude infantil é un mal do pasado, o certo é que na actualidade máis de 200 millóns de nenos e nenas seguen a padecer esta triste realidade, a través do traballo forzoso, a escravitude doméstica, o matrimonio forzado, o recrutamento como soldados...
Por esta razón, até que ningún neno no mundo se vexa obrigado a sufrir traballlos ilegais, degradantes e perigosos, é tan importante que continuemos a crear conciencia sobre este tema. Con este obxectivo, diversas ONG impulsaron en 1997 a creación do Día Internacional contra a Escravitude Infantil, data que se vén celebrando desde ese ano cada 16 de abril.
O detonante desta celebración foi honrar a memoria de Iqbal Masih, un neno paquistaní que, logo de fuxir do traballo forzado ao que se viu sometido desde os catro anos, comezou a denunciar a escravitude que padecían moitos pícaros coma el nas fábricas de alfombras do seu país. A súa loita a prol dos dereitos da infancia o levaría a ser asasinado o 16 de abril de 1995.
Cremos que a historia de valentía e de loita de Iqbal é un exemplo que merece ser coñecido por todos, polo que aquí vos recomendamos tres obras nas que poderedes achegarvos á súa figura:
-Malala/Iqbal (Juventud): este álbum ilustrado, creado por Jeanette Winter para lectores a partir de 7 anos, permitirá aos cativos coñecer, dunha maneira sinxela, a figura de Iqbal. Ademais, esta obra achéganos a unha segunda historia igual de valiosa, a de Malala Yousafzai, unha valente nena paquistaní que sufriu un atentado por mor da súa actividade como firme defensora do dereito das nenas a ir á escola.
Co fermoso sorriso de Iqbal, despedímonos desexando que a historia deste neno valente nos inspire a todos para loitar, como fixo el, a favor dun mundo máis xusto.
miércoles, 7 de abril de 2021
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: LECTURAS PARA TODA A FAMILIA
Hoxe, 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde, data que se vén festexando desde 1948, ano no que a Asemblea Mundial da Saúde escolleu este día para conmemorar a creación da Organización Mundial da Saúde (OMS). Coa celebración desta data preténdese, entre outras cousas, fomentar hábitos sans nas persoas. Dentro deles, ten unha especial importancia o tema da alimentación, polo que aquí vos deixamos unha pequena listaxe de libros na que encontraredes, por unha banda, obras infantís coas que poderedes tratar cos pícaros esta temática, e por outra, libros para adultos nos que poderedes encontrar recomendacións para mellorar a alimentación de toda a familia, conceptos como o de "ultraprocesado", análises sobre como inflúe a alimentación dos nenos no rendemento escolar, a importancia de comer en familia...
-A eiruguiña comellona (Kókinos): este clásico da literatura infantil, creado por Eric Carle, é unha obra ideal para traballar cos máis pequenos a alimentación saudable, resultando moi útil para familiarizalos coas diferentes froitas que aparecen no libro (mazás, peras, ameixas, amorodos e laranxas) e para amosarlles o boas que son para a saúde. Ademais, na obra vemos como a eiruga se sente mal cando come máis da conta, polo que tamén nos servirá para lembrarlle aos pícaros que é importante parar de comer cando un se sente cheo. Encontrámonos tamén con que a eiruga sofre de dores de barriga cando come alimentos pouco saudables, como pasteis ou chocolatinas, problema que soluciona grazas a unha folla verde. Isto permitiranos falar cos pequenos sobre os beneficios que os alimentos como as verduras ou as hortalizas teñen para a nosa saúde.
-La rebelión de las verduras (Lumen): esta divertidísima obra de David Aceituno e Daniel Montero Galán é ideal para achegarnos cos nosos pequenos ao mundo das verduras e dos beneficios que estas teñen para a nosa saúde. A bo seguro que escacharedes coa risa coas diferentes personaxes que aparecen na obra, unhas enfadadas verduras que inician unha revolución porque están fartas de que os nenos non terminen o prato e sempre prefiran comer macarróns.
-El recetario mágico (Play Attitude): dirixida a lectores a partir de 6-7 anos, esta obra de Desiree Arancibia achegaravos a receitas, feitizos e pocións para unha alimentación sa, divertida e nutritiva. A través dun mundo máxico, a obra espertará, a bo seguro, a curiosidade dos rapaces por descubrir os ingredientes das diferentes receitas. O libro proporciona, de maneira amena, información sobre alimentación saudable, grupos de alimentos, o aceite, o azucre, os produtos ecolóxicos..., e ofrece tamén un exemplo de menú semanal. Ademais, nel encontraredes receitas para as diferentes comidas do día, elaboradas con produtos saudables, como verduras, froitas, cereais, tofu, peixe...
-Una cocina tan grande como un huerto (Kókinos): este libro de gran formato, creado por Alain Serres e Martin Jarrie, e dirixido a lectores a partir de 8-9 anos, achéganos a 60 receitas que servirán aos rapaces para descubrir froitas e hortalizas de todo o mundo. Nelas atoparemos tomates, pementos, chícharos, cabazas, plátanos, ameixas, amorodos, dátiles..., e moitos máis ingredientes sans e saudables, protagonistas dunhas receitas que os nenos poderán preparar sós ou en familia.
-Come comida real (Paidós): este libro sitúanos perante unha guía práctica que nos axudará a desterrar os ultraprocesados da nosa alimentación e a volver comer o que o seu autor, o dietista e nutricionista, Carlos Ríos, denomina "comida real". Aqueles que desexedes achegarvos a esta obra, poderedes ler un fragmento da mesma picando aquí.
-Alimentación saludable para niños geniales (Amat Editorial): neste libro, escrito pola dietista-nutricionista e doutora en Bioquímica Griselda Herrero, veremos como unha alimentación sa e equilibrada, xunto coa actividade física, unha boa saúde do sono e unha correcta educación emocional, inflúe no rendemento escolar dos cativos.
-Coaching nutricional para niños y padres (Grijalbo): este libro de Yolanda Fleta e Jaime Giménez achéganos abondosa información sobre nutrición e sobre estratexias para conseguir que os nosos fillos coman san e se sintan mellor con eles mesmos e desenvolvan a súa intelixencia emocional. Nas páxinas da obra aprenderemos cales son aqueles alimentos que nos conveñen e cales non e poderemos elaborar entre toda a familia o menú semanal.
-El jamón de York no existe (La esfera de los libros): Marián García, doutora en Farmacia e graduada en Nutrición Humana e Dietética, ofrécenos un libro no que poderedes encontrar información sobre alimentación saudable e sobre como esta comeza á hora de facer a compra.
martes, 16 de marzo de 2021
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR: POR UN CONSUMO RESPONSABLE, SOSTIBLE E RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE
En 1983, a ONU instituìu o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, que se vén celebrando desde entón cada 15 de marzo. Este ano, os esforzos ao celebrarmos este Día céntranse en sensibilizar sobre a necesidade dun consumo máis racional e sostible, respectuoso coa contorna, e combativo co risco real que supón a contaminación por plásticos.
Porque cremos que o respecto ao medio ambiente é cousa de todos, aquí vos deixamos varias ligazóns á web da OCU, nas que poderedes atopar abondosa información sobre temas como a obsolescencia ou a reciclaxe, e sobre os sete pasos que todo consumidor pode seguir para frear a contaminación por plásticos:
-Reemplazar o plástico por outras alternativas.
-Replantexarse se de verdade é imprescindible recorrer a el.
-Rexeitar produtos con exceso de embalaxes.
-Reducir o número de residuos.
-Reutilizar os obxectos dos que non poidas prescindir.
E, por suposto, aquí vos recomendamos unha lectura, axeitada para lectores a partir de 8 anos, que vos permitirá afondar neste tema: Un mar de plásticos, de Kirsti Blom e Geir Wing Gabrielsen, publicada en castelán por Takatuka.
Nesta obra explícasenos como cada ano se fabrican centos de toneladas de plástico, un 10% das cales van parar ao mar, o que está a provocar a formación de xigantescas illas de lixo, como a enorme mancha de residuos do Pacífico, situada entre o Xapón e os Estados Unidos, e que posúe un tamaño máis grande que España, Francia e Alemaña xuntas.
Nas páxinas do libro, veredes como o océano se está a converter nun xigantesco vertedoiro de lixo, que afecta gravemente á saúde da flora e a fauna mariñas.
A historia dun fulmar boreal, un ave mariña que habita as costas do Atlántico Norte, serve de fío condutor para explicar as fatais consecuencias do uso masivo de plástico e a necesidade de limitar drásticamente o seu uso.
Picando aquí, poderedes ver unha mostra do interior do libro.
viernes, 5 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: LECTURAS PARA ESO, FP E BACHARELATO
Se onte vos deixabamos unha listaxe de lecturas, dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria, dedicadas a traballar a igualdade de xénero e a poñer en valor o papel da muller na sociedade, nesta ocasión, toca centrarnos nos cursos superiores. Así, tamén para o alumnado destes niveis fixemos unha selección de libros cos que pretendemos poñer o noso pequeno gran de area nese inmenso traballo que é a coeducación.
Agardamos que estas dez obras que vos propoñemos, adecuadas non só para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, senón para calquera día do ano, nos leven a todos ao desfrute coa lectura, á reflexión e á concienciación. Na listaxe poderedes encontrar novela, álbum ilustrado, poesía, relatos, teatro e até novela gráfica. Picando no título, atoparedes información sobre cada unha das obras propostas e mesmo poderedes acceder, nalgúns casos, aos primeiros capítulos das mesmas.
1.Mujeres de ciencia (Nórdica Libros): comezamos a nosa listaxe recomendándovos tres xoias literarias escritas e ilustradas por Rachel Ignotofski,. A primeira delas nos achega a cincuenta mulleres que, en diferentes épocas, acadaron grandes logros no eido da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas. Nestas páxinas, fermosamente ilustradas, poderedes coñecer moitas cousas sobre figuras tan sobranceiras como Hipatia, Marie Curie, Jane Goodall, Ada Lovelace ou Valentina Tereshkova, pero tamén sobre outras mulleres que, malia os seus logros, acadaron menos renome, como Karen Horney, Gerty Cori ou Patricia Bath.
2.Mujeres en el arte (Nórdica Libros): o segundo dos libros que vos propoñemos de Rachel Ignotofski. Coa mesma estructura do anterior, nesta ocasión a autora achéganos a mulleres destacadas no mundo da arte, desde Frida Kahlo ou Georgia O`Keeffe até Tarsila do Amaral ou Zaha Hadid.
3.Mujeres en el deporte (Nórdica Libros), a terceira das obras de Rachel Ignotofski, preséntanos, na mesma liña que as anteriores, a 50 destacadas deportistas cuxos logros van desde a década de 1800 até a actualidade. Nestas páxinas podemos ver figuras tan coñecidas como a tenista Serena Williams, pero tamén moitas outras máis anónimas, como Patti McGee, pioneira do skateboarding.
4.El diario azul de Carlota (Destino): escrito por Gemma Lienas e recomendado para nenas e nenos a partir de 12 anos, trátase dunha obra imprescindible que se centra na violencia de xénero, pero que tamén trata a violencia infantil e a violencia escolar.
5.Astrolabio (Anaya): Premio SGAE de Teatro Infantil 2018, esta obra escrita por Paco Romeu e ilustrada por Ana Oncina, fálanos da viaxe de Duna, unha nena beduina que logrará fuxir dun matrimonio concertado. Libro recomendado a partir de 12 anos.
6.Como tú: 20 relatos + 20 ilustraciones por la igualdad (Anaya): outra obra imprescindible para xóvenes a partir de 14 anos, na que vinte escritores e vinte ilustradores se xuntaron para crear un libro que nos fala de igualdade e do poder da educación como ferramenta fundamental para lograr un mundo máis xusto en cuestión de xénero.
7.Miedo a los perros que me han dicho que no muerden (SM): Javier García Rodríguez agasállanos cunha xoia literaria, dirixida a maiores de 14 anos, na que a través da poesía envía unha mensaxe de igualdade entre os xóvenes. Este libro forma parte da campaña "Orgullosa de ti", desenvolvida pola editorial SM, e que busca fomentar a igualdade a través da lectura, mediante obras que nos ofrecen protagonistas femininas fortes e independentes. O poemario que aquí vos recomendamos trata de acabar con certos estereotipos, como a existencia de cousas de chicos e cousas de chicas, e centra a súa mensaxe nos medos dos xóvenes. Como mostra, deixámosvos un podcast no que atoparedes un petisco da beleza, a sensibilidade e a forza deste poemario. Non tedes máis que picar aquí.
8.La tribuna (SM): un clásico do s.XIX, no que Emilia Pardo Bazán nos sitúa nunha sociedade machista e hipócrita na que unha humilde obreira trata de loitar pola xustiza. Axeitado para lectores a partir de 14 anos.
9.Sally Heathcote. Sufragista (Ediciones La Cúpula): esta novela gráfica de de K. Charlesworth, Bryan Talbot e Mary M. Talbot, dura e realista, constitúe unha lectura imprescindible para todo aquel que desexe coñecer como foi a loita por acadar o voto para as mulleres.
10.Yo soy Malala (Alianza Editorial): nesta listaxe non podía faltar o testemuño de Malala Yousafzai, unha valente rapaza de Pakistán tiroteada polos talibáns por mor da súa loita a prol do dereito das nenas á educación.
jueves, 4 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: LECTURAS PARA INFANTIL E PRIMARIA
Xa falta moi pouco para o 8 de marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller. Por esta razón, desde a Biblioteca Agustín Fernández Paz decidimos recomendarvos unha serie de lecturas nas que a muller e a igualdade de xénero son as grandes protagonistas.
A continuación deixámosvos unha selección de obras para o alumnado de Infantil e Primaria, coas que a bo seguro poderedes desfrutar toda a familia.
1.A historia dos bonobos con lentes (Kalandraka), escrito por Adela Turín e ilustrado por Nella Bosnia:
2.O libro dos Porcos (Kalandraka), escrito e ilustrado por Anthony Browne:
3.Bonitas (Astronave), escrito por Stacy McAnulty e ilustrado por Joanne Lew-Vriethoff
4.Até as princesas soltan peidos (Algar Editorial), de Ilan Brenman.
5.Soy una diosa guerrera (Editorial Kairós), de Jennifer Adams.
6.¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? (Thule), de Raquel Díaz Reguera.
7.Inventoras y sus inventos (Flamboyant), escrito por Aitziber López e ilustrado por Luciano Lozano.
8.Rosa Parks (Colección pequeña y Grande, Alba Editorial), escrito por María Isabel Sánchez Vegara e ilustrado por Marta Antelo.
9.Los cuentos que nunca nos contaron (Nube de tinta), VV.AA.
10.Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes (Destino), escrito por Elena Favilli e Francesca Cavallo.
11.El lápiz mágico de Malala (Alianza Editorial), escrito por Malala Yousafzai e ilustrado por Kerascoet.
12.Ellas cuentan (SM), de Katherine Halligan.
13.Las cholitas de Bolivia (Edebé), escrito por Claudia Bellante e ilustrado por Anna Carbone.
14. Sara y las goleadoras (Destino), de Laura Gallego e Laia López.
15.10 niñas que se hicieron Grandes (Bruño), escrito por Aida Cosentino e ilustrado por Pedro Perles.
16.Mujeres exploradoras (Vicens Vives), de Riccardo Francaviglia e Margherita Sgarlata.
17.Pioneiras (Xerais), escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz.
18.100 mujeres que cambiaron el mundo (RBA), escrito por Sandra Elmert e ilustrado por Cuchu.
19.Ellas, 30 grandes mujeres que cambiaron la historia (Susaeta), escrito por José Morán e ilustrado por Marta Anais.
20.¡Cambios, cambios, cambios! (SM), de Marawa Ibrahim.
miércoles, 27 de enero de 2016
A HISTORIA DE ERIKA
"Nacín en 1944. Non sei o día. Non sei que nome me puxeron. Non sei en que cidade nin en que país vin ao mundo. Tampouco sei se tiven irmáns. O que sei é que cando a penas contaba cuns meses salváronme do Holocausto..."
domingo, 2 de agosto de 2015
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN (2ªPARTE)
sábado, 18 de julio de 2015
UNHA VIAXE Á ÉPOCA MEDIEVAL
E para todos aqueles que queirades desfrutar un pouco máis da Idade Media, aquí vos deixamos algúns libros ambientados nesa época. Todos eles podedes encontralos tanto na biblioteca do Fogar como nas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro, é unha apaixonante novela de aventuras ambientada na Idade Media, na que a acción, o drama, o amor e o humor se mesturan nun interesante relato que achega o lector a algunhas das claves fundamentais para entender a época medieval. A obra, está protagonizada por unha rapaza de trece anos que se ve obrigada a coidar dos seus irmáns pequenos, logo da desaparición dos seus pais. Pouco a pouco irase decatando das inxustizas que rodean a xente da súa clase e se lanzará a unha arriscada viaxe na procura dos seus pais, mergullándose así nunha aventura chea de perigos, medos, adversidades e doenzas que fará vibrar o lector que se atreva a navegar polas páxinas deste libro excepcional.
La catedral, de César Mallorquí, é unha historia ambientada no s.XIII e protagonizada por Telmo Yáñez, un xoven artesán que parte cara a Gran Bretaña para participar na construción dunha catedral, porén, esta estraña e colosal edificación alberga segredos terribles. Poderá Telmo superar as dificultades que encerra esta apaixonante aventura? Para saber a resposta deberás mergullarte nas páxinas desta novela de misterio que se adentra no mundo dos artesáns libres, dos templarios e das cruzadas.
lunes, 13 de julio de 2015
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN (1ªPARTE)
viernes, 3 de julio de 2015
UNHA NOITE DE MISTERIO...
Xa te decidiches? Pois adiante! Bule até as Bibliotecas Municipais da Coruña e leva en préstamo un exemplar desta obra!
martes, 23 de junio de 2015
A NOITE DAS CACHARELAS
E á volta do verán, cando comece o novo curso, non dubidedes en acudir á biblioteca do Fogar a desfrutar das aventuras desta familia celta.
sábado, 20 de junio de 2015
ASMIR NO QUIERE PISTOLAS
"Pero Asmir tenía muchos otros compañeros de juegos. Todos los días se veían en el parque del barrio, y echaban carreras entre los árboles, jugaban al escondite, montaban en los columpios y el subibaja, se perseguían y rodaban por la hierba y se divertían mucho.
Hasta que un día llegó la guerra a Sarajevo. Aparecieron centenares de soldados que disparaban rifles y ametralladoras. Las calles retemblaron al paso de los tanques y sobre la ciudad volaron aviones que lanzaban bombas."































