martes, 5 de mayo de 2026

PETER PAN, WENDY, CAMPAÍÑA E O CAPITÁN GARFO REMATAN A SÚA XIRA POLAS AULAS CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro, na nosa biblioteca escolar vivimos unhas semanas cheas de maxia, sorpresa e ilusión grazas ao Grupo de Teatro, que levou a historia de Peter Pan ás aulas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.


A proposta non podía ser máis especial: as representacións aparecían por sorpresa. No medio da rutina diaria, cando menos o agardaban, o alumnado vía como as súas aulas se transformaban nun pequeno escenario onde Peter, Wendy, Campaíña e o Capitán Garfo cobraban vida. Esta irrupción inesperada converteu cada actuación nunha experiencia aínda máis emocionante, espertando a curiosidade e a imaxinación desde o primeiro momento.

A través do teatro, os nenos e nenas puideron achegarse a unha historia clásica da literatura infantil dun xeito diferente, participativo e moi próximo. As risas, as miradas de asombro e a implicación do público foron a mellor mostra do éxito da actividade.











Desde a biblioteca queremos agradecer especialmente a dedicación e o entusiasmo do Grupo de Teatro, que fixo posible esta iniciativa, así como a acollida por parte do profesorado e do alumnado.



Con actividades como esta, seguimos apostando por fomentar o gusto pola lectura, a creatividade e o amor polas historias que nos fan soñar.

Ata a próxima aventura!