jueves, 30 de abril de 2026

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO "O BOSQUE ENCANTADO" E EN MAIO VIAXAMOS AO XAPÓN CON HARUNA

Ao longo do mes de abril, a nosa biblioteca escolar encheuse de maxia, creatividade e moita imaxinación grazas ao concurso de debuxo coa temática “O bosque encantado”. Recibimos un montón de propostas cheas de detalles sorprendentes: árbores que falan, criaturas misteriosas, camiños secretos e mundos agochados entre a vexetación.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo seu esforzo e pola calidade dos seus traballos. Non foi nada doado escoller! E, por suposto, tamén queremos dar os parabéns aos gañadores: Brais (4ºEPO A) e Alicia (5ºEPO A), os cales reciciron cadanseu premio esta mañá.


 

Moitas grazas a todos os que participastes por encher a nosa biblioteca de fantasía. 

E sen perder tempo, … viaxamos ao Xapón! Esta será a temática do mes de maio, en consonancia co Mes do Xapón que estamos a celebrar na biblioteca.

Este mes é moi especial para nós, xa que contamos coa chegada ao noso colexio da profesora xaponesa Haruna, que nos achegará á súa cultura, tradicións e curiosidades do seu país.

Animámosvos a participar creando debuxos inspirados no Xapón: templos, paisaxes, flores de cerdeira, anime, tradicións… ¡deixade voar a vosa imaxinación!

Grazas por facer da nosa biblioteca un lugar cheo de vida, arte e aprendizaxe. 


viernes, 24 de abril de 2026

RECIBIMOS A VISITA DO ANTROPÓLOGO ANTONIO GARCÍA ALLUT

Onte tivemos o privilexio de recibir na biblioteca escolar o antropólogo Antonio García Allut, profesor da Universidade da Coruña (UDC), quen mantivo un encontro co alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Antropoloxía.

A charla comezou cun achegamento persoal, no que explicou por que decidiu estudar Antropoloxía e como foi construíndo a súa traxectoria profesional como investigador e docente. A través da súa experiencia, mostrou unha visión moi práctica da disciplina, destacando que a Antropoloxía non só serve para comprender o mundo, senón tamén para intervir nel e melloralo.

Neste sentido, explicou parte do seu traballo ligado ás comunidades mariñeiras, onde desenvolveu proxectos orientados á sustentabilidade e á mellora das condicións de vida, incorporando o coñecemento dos propios pescadores na toma de decisións e na xestión dos recursos. Esta idea —a utilidade real da Antropoloxía para resolver problemas sociais— foi un dos eixes fundamentais da súa intervención.

A continuación, abordou o concepto de cultura e a súa relación coa bioloxía, así como cuestións como a agresividade e a violencia, invitando ao alumnado a reflexionar de maneira crítica sobre comportamentos que a miúdo se consideran “naturais”.

A sesión rematou cun intercambio de preguntas que permitiu afondar nas ideas tratadas e reforzar a importancia dunha mirada crítica e comprometida co mundo actual.

Desde aquí queremos dar as grazas ao Dr. García Allut pola súa xenerosidade ao aceptar a nosa invitación e por todo o que nos ensinou durante o encontro. Para todos nós foi un pracer enorme escoitalo.

jueves, 23 de abril de 2026

OS LIBROS MÁIS PRESTADOS DA NOSA BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril), queremos compartir con toda a comunidade educativa unha selección das obras e coleccións máis prestadas da nosa biblioteca. Historias de aventuras, humor, maxia, coñecemento e emocións que conquistaron o noso alumnado e cuxa lectura, sen dúbida, vos recomendamos.


1. Loco por los tiburones – Owen Davey (SM)
Un libro divulgativo e fascinante que reúne información e curiosidades sobre os diferentes tipos de tiburóns e a súa vida no mar. Cheo de datos, ilustracións e anécdotas, axuda ao lector a coñecer mellor estes misteriosos habitantes dos océanos, derrubando mitos e descubrindo o seu papel clave nos ecosistemas mariños. 

2. Harry Potter – J.K. Rowling (Salamandra)
Primeiro título da colección: Harry Potter y la piedra filosofal
Un clásico moderno que mestura maxia, amizade e aventura, e que segue conquistando curso tras curso o corazón dos lectores.

3. Los Futbolísimos – Roberto Santiago (SM)
Primeiro título da colección: Los Futbolísimos 1: El misterio de los árbitros dormidos
Unha serie que combina fútbol, misterio e amizade, mantendo a intriga ata o final.

4. Anna Kadabra – Pedro Mañas e David Sierra (Destino)
Primeiro título da colección: Anna Kadabra. El club de la Luna Llena
Unha serie divertida e chea de maxia onde a protagonista descobre os seus poderes e vive aventuras cos seus amigos.

5. Isadora Moon – Harriet Muncaster (Alfaguara)
Primeiro título da colección: Isadora Moon va al colegio
Metade fada, metade vampira, Isadora aprende a aceptar quen é nunhas historias entrañables.

6. El capitán calzoncillos – Dav Pilkey (SM)
Primeiro título da colección: Las aventuras del Capitán Calzoncillos
Unha serie disparatada que fai rir e engancha mesmo aos lectores máis reticentes.

7. Diario de Greg – Jeff Kinney (Molino)
Primeiro título da colección: Diario de Greg: Un pringao total
As divertidas e cotiás vivencias de Greg fan desta serie un éxito asegurado entre o alumnado, chea de humor e situacións nas que é fácil sentirse identificado.

8. Pupi llega a la Tierra – María Menéndez-Ponte (SM)
Un simpático extraterrestre descobre o noso planeta con curiosidade e humor.

9. Pablo Diablo y los vampiros zombi – Francesca Simon (SM)
Primeiro título da colección: Pablo Diablo
Unha historia chea de travesuras e humor protagonizada por este personaxe tan coñecido.

10. Familia a la fuga – Ana Campoy (Loqueleo)
Primeiro título da colección: Familia a la fuga 1
Aventuras tolas e situacións inesperadas nunha historia moi divertida sobre unha familia pouco común.

11. El gran libro de los deportes – Varios Autores (VV Kids)
Un libro visual e moi completo que achega os lectores ao mundo do deporte dunha forma atractiva e didáctica. A través de ilustracións chamativas e información clara, permite descubrir diferentes disciplinas deportivas, as súas regras e curiosidades, fomentando o interese pola actividade física e os hábitos saudables.

12. Los miedos del Capitán Cacurcias – José Carlos Andrés (NubeOcho)
Un conto divertido e á vez moi útil para falar dos medos infantís. A través dun peculiar capitán que tamén sente temor, a historia axuda a normalizar emocións e a afrontalas con humor e valentía. Ideal para traballar a educación emocional cos máis pequenos.

13. El joven Poe – Cuca Canals (Edebé)
Primeiro título da colección: El joven Poe: El misterio de la calle Morgue
Unha serie de misterio e intriga protagonizada polo propio Edgar Allan Poe cando era neno. Nesta historia, o mozo Poe, co seu agudo espírito analítico, axuda ao inspector Auguste Dupin a resolver casos criminais cheos de enigmas e suspense, introducindo ao lector no mundo da dedución e a aventura dende unha idade temperá. 

14. Sete dentes de león – Ledicia Costas (Xerais)
Unha historia emotiva sobre medrar e afrontar pequenos grandes retos da vida.

15. As crias dos animais salvaxes – David Patrick (Baía Edicións)
Un fermoso libro cheo de imaxes que permite aos máis pequenos achegarse ao mundo dos animais.

16. La noche de los ninjas – Mary Pope Osborne (SM)
Unha emocionante viaxe ao mundo dos ninjas, chea de aventura e misterio.

17. Todo lo que necesitas saber sobre el cuerpo humano - Patricia Macnair (SM)

Un libro informativo moi completo para descubrir como funciona o corpo humano.

18. Mi primer gran libro de los dinosaurios - Catherine D. Hugues (VV Kids)

Unha primeira aproximación ao mundo dos dinosauros, con ilustracións atractivas e datos curiosos.

19. El gran libro de las estrellas y los planetas - Emily Bone (Usborne)
Un libro divulgativo con varios despregables que achega o alumnado ao coñecemento do universo.

20. Agatha Mistery – Sir Steve Stevenson (La Galera)
Primeiro título da colección: Agatha Mistery 1: El enigma del faraón
Unha serie de aventuras e misterio protagonizada por unha moza detective cun gran enxeño. Xunto ao seu curmán Larry, Agatha viaxa por todo o mundo resolvendo enigmas e descubrindo diferentes culturas, nunha colección que combina intriga, humor e aprendizaxe.

Animámosvos a seguir gozando da lectura e a descubrir novas historias na nosa biblioteca. Feliz Día do Libro!

jueves, 16 de abril de 2026

XA TEMOS GAÑADORES DO CERTAME POLO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Con motivo do Día Mundial da Poesía (21 de marzo), celebramos un certame de creación literaria no que puido participar o alumnado de ESO e Ciclos. As composicións presentadas foron moitas e de gran calidade, polo que escoller os gañadores resultou enormemente complicado. 

As obras seleccionadas destacan pola súa diversidade temática e pola capacidade do alumnado para expresar emocións e reflexións con voz propia: desde a intimidade e a sinxeleza do cotián ata a dor, a superación persoal ou a mirada simbólica sobre o mundo.

Aquí vos deixamos as composicións finalmente escollidas:


LA HUELLA DEL SILENCIO

Sin nombres, sin etiquetas,

solo queda el rastro de alguien

que no necesita ser nombrado para existir.


Es ese impulso de cerrar los ojos

y reconocer una esencia en el vacío,

una forma de estar que no pide permiso,

una huella que se marca en el asfalto

aunque nadie sepa quién la dejó ahí.


A veces el silencio dice mucho más

que cualquier palabra escrita en un papel.


Es el eco de lo que no se pronuncia,

el peso de una mirada que se queda,

como un mapa trazado en la penumbra

donde solo el instinto encuentra la vereda.

No hace falta el grito ni la firma,

hay presencias que se sienten  como el viento:

invisibles, reales, una rima...

que se escribe a solas en el pensamiento.

Nicolás González Boutureira (1ºESO A)




Quérote como un neno quere a súa casa

sen saber explicalo moi ben

pero sabendo sempre

onde quere volver.


O día vólvese grande

e un pouco difícil de entender.

Pensar en ti

faino máis pequeno.


Contigo as cousas son simples.

Son importantes.

Camiñar amodo,

rir por nada,

mirar o ceo un anaco.

Porque cando estou contigo

todo parece estar no seu sitio.

Naiala Laverde Cruz (2ºESO A)




Me siento en mi mesa y miro a mi alrededor

me inundan los recuerdos del año anterior

mis amigos siguen juntos

compartiendo risas y clases


Repite curso, dicen como si no fuera un error

como si no dolieran las palabras

pero nadie ve lo que duele

quedarse atrás mientras el resto avanza


Siento el dolor en mi pecho cada vez que miro sus asientos

las risas contagiosas y caras tontas que me hacían reír

ahora se alejan mientras yo me quedo aquí


Todo fue culpa mía

por confiarme y no prestar atención

por suerte aunque esté sola en clase

ellos siguen conmigo y en mi corazón

Candela Vázquez Aller (3ºESO B)




SUPERVIVIENTE

Un pañuelo sobre su cabeza,

dejando su vida atrás,

llena de fortaleza,

deseando estar en paz.


Para otros, un día cualquiera,

para ella una batalla más,

consumida por el dolor,

resignada a aguantar.


"Un nuevo tratamiento,

esta vez va a funcionar"

se dice a sí misma,

para evadirse de la realidad.


Y luego tocarán pruebas,

y más noches sin descansar,

sin perder la esperanza,

de que el sol volverá a brillar.

Alba Fernández Vázquez (4ºESO B)




GROENLANDIA

Rompamos el hielo y que acabe el invierno

Que salgan los animales sin miedo

Y disfruten de nuevo sus prados


Casa blanca manos rojas

El hielo llega a quemar

Rompamos todos el hielo

Falsa promesa de libertad


El invierno mata sin remordimientos

Mas no todos temen el frío

Se combate con fuego y hogueras

Caen familias enteras


Rompamos el hielo y que acabe el invierno

Cruel tirano desatado

Derritamos a sus soldados

Hagamos del frío su infierno

Marcos González Fernández (2ºCM)


Agradecemos enormemente o esforzo de todo o alumnado participante, así como a implicación do profesorado na actividade. Animamos a seguir creando, lendo e compartindo poesía como unha forma de expresión, reflexión e encontro.


martes, 7 de abril de 2026

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO "MUNDO MARIÑO"

O concurso de debuxo da biblio do mes de marzo tivo como tema "Mundo Mariño". Foron moitos os que vos animastes a participar con creacións que nos encantaron. A todos vós, dámosvos as grazas. E aquí vos deixamos os gañadores nas categorías de Infantil e Primaria:

                  

       
  
                 
   




Moitos parabéns a Lois, a Nuno, a Leonor e a Han Xi!

Esta semana anunciaremos a temática de abril.