Ademais, a relación do home co espazo, baixo a forma de emocionantes viaxes interestelares, de terroríficas invasións alieníxenas ou da colonización por parte do home de lonxanos planetas, ocupou xa desde os afastados tempos de Verne, a imaxinación de numerosos escritores que nos regalaron obras de ficción tan emocionantes como A guerra dos mundos ou tan divertidas como Sen noticias de Gurb. Na biblioteca do Fogar contamos con algunhas das mellores obras relacionadas con esta temática. Vennos visitar e desfruta con todas as aventuras que conteñen as súas páxinas!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos libros que podedes encontrar:
Una estrella para Peque Coehete (primeiros
lectores):
"¡Tú eres mi ESTRELLA!" Este é o grito de alegría co
que finaliza este estupendo conto sobre unha aventura espacial. As páxinas
deste libro permitirannos descubrir a gran ilusión do protagonista, Peque
Cohete, que non é outra que regalarlle unha estrela a Papá Cohete. Nin
Celeste Satélite, nin Tina, a nave do espazo, nin Néstor, o astronauta, nin
ninguén será quen de facelo desistir no seu empeño por alcanzar unha estrela
brillante coa que felicitar o aniversario a Papá Cohete. E así, Peque Cohete,
viaxará até a Lúa, mais, xusto cando está a piques de coller unha estrela, o
seu amigo Zodi Galáctico ten un problema importante. Nese momento, Peque
Cohete terá que tomar unha decisión. Este libro de Julie Sykes é un auténtico
canto á amizade, que fará desfrutar aos máis pequenos.
|
|
|
Medianoche en la Luna (a partir de
7 anos):
Mary Pope Osborne agasállanos neste libro cunha nova aventura dos
irmáns Jack e Annie, que continuan aquí na procura dos catro obxectos que os
permitirán liberar a Morgana, a dona da casa máxica da árbore, dun terrible
feitizo. Logo de encontrar tres destes obxectos, tan só lles queda dar co
último, para o cal deberán levar a súa busca até a mesmísima Lúa.
|
|
Tintín. Objetivo: la Luna (a partir de
7 anos):
Nesta nova aventura dunha das personaxes máis coñecidas da banda
deseñada, Tintín e o capitán Haddock viaxan a Syldavia para encontrarse co
profesor Tornasol. Alí descobren que o profesor se atopa traballando nunha
planta secreta de investigación atómica no corazón do macizo montañoso de
Zmylpathes, contratado polo goberno syldabo para dirixir a construción dun
cohete que sirva para realizar a primeira viaxe tripulada á Lúa. A partir de
aquí asistiremos a diferentes aventuras, como o adestramento de Tíntín como
astronauta ou o complot ao que se terán que enfrontar, aparentemente dirixido
pola veciña Borduria, que pretende sabotear o proxecto. ¿Conseguirá,
finalmente, o cohete despegar cara ao seu destino?
|
|
Historias secretas do espacio (a
partir de 10 anos):
¿Non resulta un enorme pracer escoitar ás agachadas historias
interesantes sen que a persoa que as está a contar se decate de que o estás a
escoitar? Isto é precisamente o que viviremos neste libro de Joan Manuel
Gisbert, grazas á personaxe de Thomas. Na pousada das montañas suizas que
posúe o seu pai, reúnense de incógnito unha vez ao ano tres veteranos
astronautas, coa fin de lembrar as súas experiencias máis secretas e
emocionantes no espazo. Isto é o que permitirá a Thomas coñecer, sen ser
descoberto, historias tan fascinantes como "O misterio das voces do
espazo", "O estraño caso do Laboratorio 4" ou "O máis
fermoso do mundo". Se vós tamén as queredes coñecer, só tedes que vos
mergullar nas páxinas deste apaixonante libro, que está a agardar por vós na
biblioteca.
|
|
Zack Galaxy. Una aventura intergaláctica (a partir de 12 anos):
Para todo aquel que queira rir às gargalladas cun libro divertido,
unha lectura ideal serán as aventuras de Zack Galaxy, un Axente Espacial
Especial con sona de ser o peor policía do Sistema Intergaláctico, cuxo corpo
só ten un 72'1% de humano, logo de múltiples inxertos, próteses e
transplantes. Nesta obra chea de humor, Zack vese involucrado no secuestro
dunha princesa nunha estación orbital cercana á Terra. Para salvala, o noso
"heroe" deberá viaxar polo Universo e enfrontarse a todo tipo de
criaturas. ¿Será quen de liberala?
|
O Océano Galáctico (a partir
de 12 anos):
A obra sitúanos nun futuro lonxano no que unha nave regresa á Terra
logo dunha expedición a Saturno. Nela viaxa un científico, coa súa muller e o
seu fillo, que se encontrarán no espazo cun océano xigante que voa. ¿Que é
este estrano océano?, ¿quen viaxa nel?, ¿qué terribles perigos traerá
consigo? Se queres coñecer a resposta a estas interrogantes e desfrutar coas
aventuras dos tres protagonistas, só tes que vir polo libro á biblioteca.
|
|
|
Sin noticias de Gurb (a partir de 14 anos):
Nesta obra enormemente divertida e chea de ironía, atopamos un
extraterrestre que chega á Terra na procura do seu compañeiro Gurb, perdido
no noso planeta cando se encontraba nunha misión espacial. A Barcelona
preolímpica será o espazo por onde se moverá este extraño ser que, para pasar
desapercibido entre os humanos, se disfrazará das celebridades máis dispares,
se fartará de churros e visitará os lugares máis castizos dunha España
caótica en plenos preparativos das Olimpíadas do 92. O libro serve ao autor,
Eduardo Mendoza, para realizar unha crítica tan divertida como aceda da
sociedade actual e do mundo que nos rodea, a través da mirada dun ser doutro
planeta.
|
|
A guerra dos mundos (a partir de 14 anos):
Nesta apaixonante obra, que constitúe un dos textos pioneiros da
ciencia-ficción, H. G. Wells nos sitúa perante unha dramática situación: a
invasión da Terra por uns malévolos alieníxenas, que arrasan con todo co seu
terrible "raio de calor", provocando o pánico ante unha humanidade
que se ve impotente para detelos. Así, os marcianos conseguen facerse co
control da Terra, mais ¿lograrán finalmente os humanos recuperar o seu
planeta?
|
|
Crónicas marcianas (a partir de 14 anos):
Este libro está composto por unha colección de relatos que narran a
colonización de Marte por parte dunha humanidade que fuxe dun mundo ao bordo
da destrución. Os humanos levarán consigo ao Planeta Vermello non só as súas
ganas de reproducir alí a súa antiga civilización, senón tamén enfermidades
que atacarán aos marcianos e moitos dos seus medos ancestrais, que se
traducen no odio ao diferente. Amosarán, deste xeito, moi pouco respecto por
unha cultura misteriosa e fascinante como a que atopan, e que os marcianos
intentarán protexer da rapacidade dos terrícolas. Escrita na década de 1940,
a obra, que converteu ao seu autor, Ray Bradbury, nun dos mestres da
ciencia-ficción, supón un canto contra o racismo, a guerra e o afán
autodestrutivo do home.
|
|
De la Tierra a la Luna (a partir de 14 anos):
Esta obra, unha das máis coñecidas dun dos mellores escritores da
historia, Xulio Verne, constitúe un relato cheo de emocionantes episodios
coas aventuras e desventuras dos tres protagonistas do libro, que viaxan á Lúa
dentro dun proxectil cilíndrico oco disparado desde a Terra por un gran
canón. As peripecias dos tres aventureiros na Lúa e os descobrementos que
levan a cabo alí sorprenderán a calquera lector que se mergulle nas páxinas
desta trepidante novela.
|
|
Despierta (Across the Universe I) (a partir de 14 anos):
Encontrámonos aquí con Fortuna, unha nave espacial que é como
un pequeno mundo. Leva moito tempo viaxando e xeracións e xeracións de
tripulantes viven e morren nela, coa esperanza de que os seus fillos cheguen
ao planeta prometido. Unha carga de persoas crionizadas que só espertarán ao
final da viaxe. Todo está perfectamente ordeado; todo debe seguir un guión
escrito de antemán. E, porén... Amy, unha rapaza de dezasete anos, esperta
nun momento e un lugar que non deberían formar parte da súa vida. Elder, o
futuro líder da nave, encóntrase confinado nun papel que non quere
desempeñar. Ningún dos dous encaixa no gran crebacabezas da nave. E hai outra
peza solta: un asasino. Desde o blog animámosvos a mergullarvos na lectura
desta apaixonante obra distópica, que constitúe o primeiro volume dunha saga
que se completa con outros dous títulos: Tan cerca (Across the Universe
II) e Dos soles (Across the Universe III), os cales tamén podedes
encontrar na biblioteca do Fogar.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario