Un curso máis, con motivo do Día Internacional das Persoas de Idade (1 de outubro ) os avós e as avoas do alumnado de 5º e 6º de Infantil e de 1º ciclo de Primaria visitáronnos para manter un encontro co grupo dos seus netos e netas. Estes momentos xuntos serviu para que nos falasen de como era a súa infancia, de cales eran os seus xoguetes favoritos, de como era a súa escola, e ata nos leron algúns contos que nos encantaron.
Desde aquí queremos darvos as grazas ás avoas e aos avós que nos visitastes por regalarnos o voso tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario