jueves, 12 de noviembre de 2015

E REMATA O II CONCURSO DE DEBUXO POLO DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS...

Esta semana demos por finalizada a II edición do Concurso de Debuxo polo Día Mundial dos Animais, e desde o blog do Plan Lector queriamos darvos as grazas polo entusiasmo que amosastes ao longo destes días que durou o concurso, o cal acadou unha enorme participación. Foron moitos os libros que levastes en préstamo para a casa, todos os cales destacaban por ter uns claros protagonistas: os animais. Aquí vos deixamos algúns dos que máis éxito tiveron:


- A vella quenlla perde os dentes (Rodeira), escrito por Xabier López López e ilustrado por Manuel Uhía, libro no que se nos conta a historia dunha vella e despistada quenlla, gorda como unha balea, que un día confunde unha pedra cunha saborosa madalena.








- O coche de carreiras (Xerais), unha obra escrita e ilustrada por Helme Heine, no que se nos contan dúas divertidísimas historias dos habitantes da granxa Mulebap, e coa que poderedes desfrutar lendo as aventuras dos tres protagonistas: Paquiño o galo, Xan o rato e Bartolo o gordecho.








- Os negocios do señor Gato (Xerais), escrito polo xenial Gianni Rodari e ilustrado por Montse Ginesta. Unha obra para escachar coa risa na que asistimos aos intentos do señor Gato para sacar adiante o seu negocio: unha tenda de alimentación especializada en ratos en lata.









- Vacas guapas (Edebé), escrito por David Paloma e ilustrado por la Escudé, no que se nos contan as aventuras de cinco vacas cantoras que se reuniron para cantar nun festival en Suiza. Queres saber como o fixeron? Pois viaxando até alí no seu propio coche.









- Por qué, cómo y dónde de los animales (Servilibro), un libro con imaxes incribles que dará resposta a todas as vosas preguntas acerca dos animais: onde viven, que comen, cantas especies existen, como cazan...






- Tiburones (Todolibro), unha obra con impactantes fotografías destes incribles animais de aspecto feroz que habitan os mares de todo o mundo.











E aquí vos deixamos os debuxos gañadores do concurso:

CATEGORÍA 1 (1º-2º Primaria): Debuxo de Irene Lareo Lagares (2ºA), baseado na obra Andrés el ciempiés (Edebé).


CATEGORÍA 2 (3º-4º Primaria): Debuxo de Antón Regueiro López (4ºC), baseado na obra El gato asesino (SM).


CATEGORÍA 3 (5º-6º Primaria): Debuxo de Joana de Jesús Silva Seoane (5ºA), baseado na obra Bolboretas e avelaiñas (Altea).


Aquí podedes ver os gañadores con cadanseu premio:


IRENE LAREO LAGARES



ANTÓN REGUEIRO LÓPEZ



JOANA DE JESÚS SILVA SEOANE

No hay comentarios:

Publicar un comentario