Esta semana seguimos a traballar no proxecto UN FOGAR DE PAÍSES, co que nos estamos a achegar a outras culturas, a outras nacionalidades e tamén a outras danzas. Danzas como o joropo, tradicional de Venezuela e Colombia, que Aitana e Candela nos ensinaron a bailar nunha sesión que nos levou voando até Venezuela.
Esta actividade, destinada a achegarnos ás festas tradicionais de Venezuela, comezou coa busca de información por parte dun grupo formado por Aitana, Candela, Olaia, Bárbara e Estela, alumnas de 5ºB.
Unha vez recollida a información, o grupo expuxo diante dos seus compañeiros de 5ºB e dos pícaros de 1ºC todo o que averiguaran sobre o tema.
Todos escoitamos moi atentos como nos falaban de celebracións como as Festas de San Benito, a Paradura del Niño, a Cruz de Maio ou o Baile do Mono.
Sen dúbida, a que máis chamou a atención dos nenos foi a de "Los diablos danzantes de Corpus Christi", un conxunto de manifestacións relixiosas populares recoñecidas pola UNESCO no 2012 como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
E logo da exposición, chegou o momento de bailar. O joropo, como xa comentamos, foi o protagonista desta sesión. Grazas a este magnífico grupo de alumnas de 5ºB nos achegamos a esta danza típica de Venezuela e Colombia.
Logo dunha demostración realizada por Aitana e Candela...
... bailamos o joropo:
Moitas grazas Bárbara, Aitana, Olaia, Estela e Candela por todo o que nos ensinastes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario