sábado, 5 de diciembre de 2015

COELLOS, GATOS, OSIÑOS, UNHA VELLA NUNHA BOTELLA E O APALPADOR QUE XA CHEGA...

Esta semana comezámola viaxando ao mundo dos libros cos nenos de 4º de Inf. B, que se divertiron ao grande cunha obra coa que xa desfrutamos hai uns días con outros grupos, Non é unha caixa (Faktoría K), de Antoinette Portis. Andrea Díaz Mata e Sandra Ramos Varela, alumnas de 6ºB de Primaria, foron as encargadas de amosar aos nenos até onde pode chegar o poder da imaxinación.







Na segunda sesión do luns, Sandra Ramos Varela continuou a súa carreira de contacontos facendo desfrutar os nenos de 4º de Inf. C da obra Federica aburrida (SM), escrita e ilustrada por Istvan, na que se nos conta a historia de Federica, unha nena que ten todos os xoguetes que desexa. Con eles e coa axuda da súa imaxinación vive as máis asombrosas aventuras, até que un día, Federica comeza a aburrirse. Síntese soa.







Na última das sesións da xornada, Adrián Suárez Carril e Cristian Emanuel Chira, alumnos de 1ºESO C, achegaron os nenos de 4º de Inf. A ao mundo dos contos populares a través da divertidísima obra de Patacrúa (seudónimo da galega Marisa Núñez) O gato lambón (Kalandraka), protagonizada por un gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante.





O libro, ilustrado polo valenciano Oliveiro Dumas, conta cunhas impactantes imaxes que fixeron rir aos pequenos desde a primeira páxina.





O martes lembramos aos nenos de 6º de Inf. B que para os pais todos os fillos son especiais. En Todos sois mis favoritos (Kókinos), de Sam McBratney, vimos como para Mamá Osa e Papá Oso, cada un dos seus fillos é o seu favorito.





Logo da lectura protagonizada por esta adorable familia de osos, Ainara Regueira Santiso e Lucía Alonso Piñeiro demostraron aos seus compañeiros de grupo que son unhas grandes contacontos:




As nenas contáronlles Hay un mago en este cuento (SM), de Juanvi Sánchez.



E como o Nadal está xa a piques de chegar, mércores, xoves e venres adicámolos, en grande medida, a presentar o Apalpador aos nenos dos diferentes grupos que pasaron pola biblioteca a escoitar contos (2ºA e 3ºA de Primaria, os tres grupos de 5º de Inf., e os pícaros da Gardería). Para achegar os nenos a esta figura nosa tan descoñecida para moitos, empregamos a obra de Xoán G. titulada O Apalpador (Biblos). Agora, os alumnos do Fogar xa están a agardar pola presa de castañas e polos agasallos que a noite do 24 de decembro lles traerá este vello carboeiro do Caurel.










Mais como non todo van ser "apalpadores", o venres, os nenos de 6º de Inf. C lembraron a importancia de seren agradecidos grazas á historia de A vella na botella (OQO), de Roberto Mezquita.






Boa fin de semana a todos! Á volta da ponte agárdannos moitas máis historias para nos divertir!

miércoles, 2 de diciembre de 2015

LER DE CINE : CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE

         
               ¿Qué niño no ha soñado con vivir en una fábrica de chocolate?


Charlie Bucket es un niño bueno, pobre, pero generoso, que vive con sus padres y sus cuatro abuelos en una pequeña casa a las afueras de una gran ciudad. Lo que más le gusta en el mundo a Charlie, es el chocolate, pero su familia es tan pobre, que sólo puede comerlo una vez al año: el día de su cumpleaños… por lo que pasar cada día por delante de la fábrica de chocolate que está junto a su humilde casa, es para él una auténtica tortura…

Un día, el dueño de la fábrica de chocolate, Willy Wonka, organiza un concurso en el que  esconde cinco billetes dorados dentro de cinco de sus chocolatinas. Los cinco niños que los encuentren podrán pasar un día fantástico visitando su fábrica, y además podrán ganar un increíble y sorprendente premio final.

Charlie encuentra por casualidad una moneda y decide comprar dos chocolatinas, encontrando en una de ellas uno de los billetes dorados que le permitirán conocer la fábrica de chocolate. Charlie irá acompañado de su abuelo Joe a disfrutar de su premio…

Su buen comportamiento y su buena educación, en comparación con los otros niños y sus padres, harán que Charlie se lleve al final de nuestra historia la mayor alegría de su vida... ¿Quieres acompañarlo en esta apasionante aventura?

¿Te apetece recorrer campos de césped de azúcar en la Habitación de Chocolate, navegar por un río de chocolate en un barco de caramelo, hacer experimentos con golosinas que nunca se acaban en la Habitación de los Inventos, jugar con ardillas en la Habitación de las Nueces y llegar hasta la Habitación de la Televisión? No te pierdas las maravillosas aventuras que te esperan en la increíble Fábrica de Chocolate!


Roald Dahl escribió la novela “Charlie y la fábrica de chocolate” en el año 1964, y a pesar de que han pasado más de cincuenta años desde su publicación, es una historia que sigue haciendo las delicias de grandes y pequeños, ya que los valores que transmite, así como la crítica social que hace el autor, continúan siendo temas de actualidad. Además de esta fabulosa historia,Roald Dahl es también el autor de otros fantásticos libros como "Matilda", "James y el melocotón gigante" o "Las brujas", y como dato curioso, igual te interesa saber que también fue el creador del personaje de los Gremlims.


Hoy te invitamos a leer el libro, que puedes llevar en préstamo de nuestra biblioteca, así como a ver la película, y te proponemos como reto volver por el blog a contarnos qué diferencias has encontrado entre el libro y la película, y si te han gustado, o no, los dos por igual.

Aquí te dejamos el trailer oficial de la peli :




Que los disfrutes…por supuesto con un enorme trozo de chocolate en la mano!

ANÍMATE Y COMENTA :-)

¿Has leído alguno de los libros que mencionamos de Roald Dahl?
¿Cuál es tu favorito?
¿Te gusta ver las películas basadas en los libros después de haberlas leído?¿Alguna vez has leído un libro después de haber visto la película por lo mucho que te gustó?  

martes, 1 de diciembre de 2015

XA ESTÁ AQUÍ A 3ª EDICIÓN DO "FOGAR COMEDY"

Un ano máis, xusto antes do Nadal, no Fogar volveremos vivir un dos momentos máis divertidos do ano: o concurso de monólogos (para alumnos de ESO, FP e Bacharelato). A gala, como vén sendo tradición, terá lugar o venres 18 de decembro ás 12 horas, e se celebrará no salón de actos do Colexio.

Todos aqueles que queirades participar, aínda estades a tempo, pois o prazo para apuntarvos non finaliza até este venres, día 4 de decembro. Para facelo non tedes máis que entregar a inscrición a David ou a Román, profesores ben coñecidos por todos vós.

E sobre que deben xirar os monólogos? Pois aquí vos deixamos os temas escollidos para este ano:
- Os "profes" non me entenden.
- Redes sociais e avós.
- Os meus pais son moi modernos.

Veña! Que estades a agardar? Correde xa a apuntarvos!


lunes, 30 de noviembre de 2015

TODAS AS MANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo da semana pasada os nenos de Infantil e Primaria elaboraron diferentes murais nos que amosan a súa repulsa á violencia de xénero. Así, baixo o lema "TODAS AS MANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", os nenos entregáronnos simbolicamente as súas mans para parar esta lacra da nosa sociedade.

Aquí vos quedan algunhas fotos dos diferentes carteis e murais que decoran actualmente o Centro: