viernes, 31 de marzo de 2017

UN MES DE CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS

Neste mes, no que o día 8 se celebrou o Día Internacional da Muller, moitas das actividades que levamos a cabo estiveron destinadas a traballar esta data tan significativa. Así, durante estas semanas o Colexio recibiu a visita de nais, pais, avós, tías..., que nos viñeron presentar figuras da importancia de Rosalía de Castro, Marie Curie ou Amelia Earhart. Todas estas visitas poderédelas ver no blog proximamente. Porén, ademais da muller, nestes días tamén houbo outros protagonistas. Un deles foi unha obra que encanta aos alumnos do Fogar: Cuentos en verso para niños perversos (Alfaguara). Así, varios dos contos que aparecen neste divertidísimo libro, escrito polo xenial Roald Dahl, visitaron a biblioteca grazas a un grupo de alumnas de 6ºC, que representaron para os máis pequenos estas divertidas versións de contos tradicionais, como Carapuchiña Vermella ou Cincenta. Aquí podedes ver a Sofía, Carmen e Iria representando para os nenos "Caperucita Roja y el lobo", nunha actuación que nos fixo escachar coa risa:







Igual de divertida foi a dramatización que realizaron para os alumnos de 3ºB, Laura, Andrea e María, a partir do conto "Los tres cerditos", na versión de Roald Dahl.






E risos e risos tamén se escoitaron na biblioteca cando Aitana, Iria e Elena puxeron en escena o conto "La Cenicienta", tamén ante 3ºB:





A todos os que queirades pasar uns momentos divertidos, vos recomendamos a lectura desta xenial obra de Roal Dahl:



Outra das obras coas que desfrutamos estes días foi Kofu: El niño de chocolate (Nova Galicia Edicións), un fermoso álbum creado por Guadalupe Loriga, que constitúe un auténtico canto á igualdade, ao respecto e á amizade.




Lucía, Sofía e Ainhoa leron este conto aos seus compañeiros de 6ºA:




Sopa de Rato (Kalandraka), un clásico da Literatura Infantil creado por Arnold Lobel e publicado xa en 1977, foi outro dos libros que puidemos escoitar estes días na biblioteca. Sofía, Lucía e Claudia foron as encargadas de dramatizar para os seus compañeiros de 4ºB os contos que figuran no libro.





Con Monstruo rosa (Apila Ediciones) desfrutamos dun fermoso conto creado por Olga de Dios, que nos lembrou o valor da diferenza e da diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade. Aitana e Candela dramatizaron esta obra para os seus compañeiros de 4ºB.







Con 4ºB viaxamos tamén até o s.XV, para mergullarnos na figura de Cristovo Colón, grazas á obra Quen era Cristovo Colón? (Rodeira), de José María Plaza. Inés, Sofía e Claudia foron as encargadas de achegarnos esta personaxe histórica.







Tamén sentimos o poder destrutivo da guerra e o medo dos que teñen que fuxir do seu fogar por temor ás bombas, grazas á obra A fuxida (Biblos), escrita por Berta Dávila e ilustrada por Inma Doval. Alejandro e Álvaro leron a obra para os seus compañeiros de 4ºB.






Tamén en Infantil desfrutaron de contos na biblioteca. Unha das sesións máis divertidas cos pequenos correu a cargo de dúas das nosas contacontos favoritas, Candela e Alba, de 5ºC, que leron para os pícaros de 4ºInf. A un clásico da nosa biblioteca: Cocorico (OQO), unha adaptación dun conto tradicional birmano escrita por Marisa Núñez, coa que lembramos o valor de compartir, de cumprir as promesas e de escoitar os consellos daqueles que saben máis.





Vacío (Bárbara Fiore), un libro escrito por Anna Llenas, foi outra das obras na que nos detivemos estes días. Este álbum nos permitiu falar de emocións e nos fixo reparar nese sentimento que en ocasións experimentamos: o vacío. Como ben vimos no libro, ante este sentimento, debemos procurar a resposta no noso interior. Claudia e Miriam, de 4ºC, leron esta obra para os pequenos de 5ºInf.A e reflexionaron cos pícaros sobre o contido do libro. A continuación, os nenos e as nenas debuxaron o seu mundo máxico, aquel lugar no que se atopan en absoluta paz e tranquilidade.











Con 5ºInf. B tamén falamos das nosas emocións, a partir da obra Así es mi corazón (Bruño), escrito por Jo Witek e ilustrado por Christine Roussey. Alegría, tristeza, calma, enfado ou medo foron algunhas das palabras sobre as que conversamos logo da lectura deste libro.

"Mi corazón es como una casita. Dentro pasan muchas cosas... ¡Y están todas revueltas! Hay risas ruidosas y días con lluvia, enfados grandotes y ganas de saltar a la pata coja. Hoy voy a abrir la puerta de mi corazón para invitarte a pasar".





E rematamos o repaso a algunhas das actividades máis destacadas destes días con Paula, Nerea Sánchez e Nerea García, de 3ºB. Estas tres actrices de primeira fixeron as delicias dos pequenos de 6ºInf. A, grazas a unha divertidísima obra de creación propia inspirada na vida no colexio.






GuardarGuardarGuardarGuardarGuardarGuardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario