domingo, 9 de abril de 2017

O MEU LIBRO A TRAVÉS DO OBXECTIVO

Como vén sendo habitual nos últimos anos, ao longo do 2º trimestre celebramos no Fogar o tradicional concurso de fotografía, que nesta ocasión levou por título "O meu libro a través do obxectivo". Nel, os participantes debían enviarnos unha foto alusiva ao seu libro favorito. Este curso, como novidade, entraban en concurso os grupos de todos os niveis, desde Infantil até Bacharelato. Desde aquí queremos dar os parabéns a todos os participantes polo seu esforzo. E sen máis preámbulos, aí van as fotos máis votadas nas diferentes categorías:

Na categoría "Educación Infantil", a foto máis votada foi a de 6º Inf. A, inspirada na obra O monstro de cores.

O monstro de cores (Flamboyant), de Anna Llenas.

Aquí podedes ver o momento en que os pícaros deste grupo recibiron a visita de Brancaneves e catro dos seus ananiños, para darlles a boa nova e entregarlles uns agasallos como recompensa polo seu esforzo.




Na categoría "1º e 2º de Primaria", as fotografías máis votadas foron as de 1ºA. Entre elas, ao xurado chamoulle especialmente a atención esta, na que se representa unha escena da obra La Bella y la Bestia:

La Bella y la Bestia (Everest), de Walt Disney Company.

Aquí tedes o momento en que os pequenos de 1ºA recibían a noticia e os agasallos:




Na categoría "3º e 4º de Primaria" as fotografías máis votadas foron as de 3ºC. Entre elas, o xurado valorou especialmente esta, na que asistimos a unha escena do conto clásico Carrapuchiña Vermella:

A Carrapuchiña Vermella (Anaya), dos Irmáns Grimm.

Aquí vedes o grupo de 3ºC no momento en que recibían o diploma e os presentes polo seu bo labor neste concurso:




Na categoría "5º e 6º de Primaria", a fotografía que recibiu máis votos foi esta, na que Sofía Gómez Rodríguez, de 6ºA, sae acompañada da súa familia nunha escena alusiva a O Mago de Oz. Queremos agradecer desde aquí a participación desta familia xenial, por implicarse tanto nesta actividade. E grazas Sofía e Tomás, por achegar ao concurso esta fantástica foto.

O Mago de Oz, novela de L. Frank Baum, adaptada por Anouk Filippini e publicada por Baía Edicións. 

Aquí podedes ver o momento en que Sofía recibe o diploma e o agasallo de mans dos seus compañeiros de 6ºA, Shaila, Ainhoa, Lucía, Martín e Yago. E como non, Tomás, irmán de Sofía e alumno de 2ºA de Primaria, tamén recibiu o seu presente.




Na categoría "ESO, FP e Bacharelato", Rebeca Pombo Fuentes, de 2ºESO C foi a autora da fotografía máis votada, inspirada na obra A casa do medo, escrita por un dos autores de LIX máis destacados das últimas décadas, Agustín Fernández Paz, que dá nome á biblioteca do Fogar.

A casa do medo (Rodeira), de Agustín Fernández Paz.

Foron moitas as fotos que recibimos, polo cal non podemos facer outra cousa que darvos as grazas. Ademais, queremos compartir con todos vós algunhas das que nos pareceron máis destacadas. Velaquí van:

Hay un mago en este cuento (SM), de Juanvi Sánchez. (4ºINF. B)


El gallo Quirico (Kalandraka), de Tareixa Alonso. (4ºINF. C)


Elmer (Beascoa), de David McKee. (6ºINF. B)


Azul y Bertie (Blume), de Kristyna Litten. (6ºINF. C)


La Sirenita (Everest), de Hans Cristian Andersen, na adaptación de Walt Disney Company. (1ºA)


El Rey León (Everest), de Walt Disney Company. (1ºA)


A Bela Dormente (Anaya), dos Irmáns Grimm.


Rapunzel (Kalandraka), na adaptación de Maite García. (1ºA)


Peter Pan (Everest), na adaptación da novela de J. M. Barrie, realizada por Walt Disney Company. (1ºA)


Os tres porquiños (Kalandraka), na adaptación de Xosé Ballesteros. (1ºA)


 A Carrapuchiña Vermella (Anaya), dos Irmáns Grimm. (1ºC)


Onde viven os monstros (Kalandraka), de Maurice Sendak. (1ºC)


El pez Arcoiris (Beascoa), de Marcus Pfister. (1ºC)


El Rey León (Everest), de Walt Disney Company. (1ºC)


Hansel e Gretel (OQO), na adaptación de Tina Meroto a partir do conto dos Irmáns Grimm. (1ºC)


O frautista de Hamelín (Kalandraka), da adaptación de Xosé Ballesteros. (2ºC)


Perdido en el tiempo con Bob Esponja (Beascoa). (3ºA)


Fantasía (Disney), de Walt Disney Company. (3ºB)


Harry Potter e a pedra filosofal (Galaxia), de J. K. Rowling. (3ºC)


Os tres porquiños (Kalandraka), na adaptación de Xosé Ballesteros. (3ºC)


Saga de banda deseñada Dragon Ball Z (Planeta), de Akira Toriyama. (3ºC)


Colección de libros de Tea Stilton (Planeta). (3ºC)


Colección  Los Futbolísimos (SM), de Roberto Santiago. (3ºC)


Pippi Calzaslargas (Juventud), de Astrid Lindgren. (3ºC)


Colección Los Futbolísimos (SM), de Roberto Santiago. (6ºA)


La Cenicienta (Everest), de Walt Disney Company. (6ºA)


Frida Kahlo (Alba Editorial), de Isabel Sánchez Vegara. (6ºA)


Colección Los Futbolísimos (SM), de Roberto Santiago. (6ºB)


Batman: Death of the family (DC Comics), de Scott Snyder. (6ºB)


Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais), de Ledicia Costas. (6ºB)

Saga Harry Potter (Salamandra), de J. K. Rowling. (6ºC)

Esperamos que teñades desfrutado vendo esta selección das maravillosas creacións presentadas ao concurso. Antes de despedirnos queriamos dar as grazas ao grupo composto por Ainhoa, Shaila, Lucía, Candela, Yago e Martín, alumnos de 6ºA, por axudarnos tanto na entrega de premios. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario