lunes, 19 de noviembre de 2018

UN PETISCO DE OUTONO E ALGO DE SAMAÍN

Nuns días nos que andamos a traballar o outono, queremos felicitar ao grupo formado por Daniela, Lucía Salguero, Lucía Otero, Ainara, Carla e Paula, de 5º de Primaria, que fixeron desfrutar aos pícaros de 4º de Infantil co fermoso conto El árbol que no tenía hojas, na versión de Fernando Alonso publicada por Santillana.



Así de atento estaba o público cando as actrices saíron a escena:



E comezou o espectáculo:





Sen dúbida, unhas actrices de 10!

Mais nestas semanas que acaban de pasar, non só respiramos aires de outono, senón tamén do Samaín. Así, a biblioteca encheuse de monstros, bruxas e mesmo esqueletos tan terrorificamente fermosos como estes de 6ºInf. A.



E, por suposto, nunha época coma esta, non podían faltar os contos de medo. Esta foi a temática principal das historias que vimos de desfrutar estes días na biblioteca cos pequenos. Un dos que sempre fai divertirse aos pícaros é un clásico da biblioteca do Fogar: A figueira de Pelostortos, un relato tradicional español adaptado pola coñecida contacontos Ana García Castellano para a editorial OQO, cunhas impresionantes ilustracións creadas polo artista bilbaíno Mikel Mardones.

                                                     


Os pícaros de 5º de Infantil foron uns dos que desfrutaron con este conto de medo con final feliz. E logo de escoitalo, tiveron que realizar unha importante misión: colorear a Pelostortos e poñerlle pelo, pois do susto que apañou ao final do libro quedou branco e sen un só pelo na cabeza.












Como vedes nas fotos, algunhas destas sesións cos pequenos se desenvolveron coa axuda de estudantes de 6º de Primaria e de 1º da ESO.



Outro dos contos cos que rimos e, á vez, pasamos un pouco de medo foi Tío Lobo, un conto popular italiano adaptado para Kalandraka por Xosé Ballesteros, con ilustracións de Roger Olmos.



Claudia e Miriam, alumnas de 6ºC de Primaria, quixeron agasallar á súa antiga profesora, Tina, lendo este conto para o seu actual grupo: 1ºC de Primaria.




A lectura deste álbum permitiu a Claudia e a Miriam reflexionar cos pícaros sobre un tema moi presente no libro: a mentira.






No hay comentarios:

Publicar un comentario