Érase unha vez... uns libros que querían ver mundo. Por iso, decidiron saír da biblioteca e iniciar unha viaxe polas casas dos nenos e das nenas do Fogar.
Así foi como hai uns días deu comezo a actividade dos "LIBROS VIAXEIROS", grazas á cal os pícaros de Gardería e de 4º de Infantil irán levando para os seus fogares unhas bolsas cheas de historias, que poderán desfrutar nas súas casas durante uns días.
Os nenos e as nenas de Gardería non quixeron perder o tempo e, nada máis ver as bolsas de libros, comezaron a inspeccionalas.
Nas aulas de 4º de Infantil, tamén recibiron con alegría e curiosidade estas bolsas cheas de sorpresas, que viaxarán até as casas coa axuda das mamás e dos papás.
Nestes libros tan viaxeiros, hai historias tan divertidas como o xa clásico A vaca que puxo un ovo, ou a súa continuación, titulada Primeira semana na escola das vacas, as dúas publicadas pola editorial Patas de Peixe.
Nestes libros tan viaxeiros, hai historias tan divertidas como o xa clásico A vaca que puxo un ovo, ou a súa continuación, titulada Primeira semana na escola das vacas, as dúas publicadas pola editorial Patas de Peixe.
Tamén hai libros que nos axudarán a ir medrando e superando eses pequenos medos que podemos ter, como Todo lo que sé de la caca (Combel), ¡Fuera pañales! (Combel), Iago ten un pesadelo (Tambre) ou ¡Sin chupete! (Combel).
E, por suposto, libro-discos que nos farán viaxar e bailar, como Lucecús, de Pirilampo; Pakolas, de Paco Cerdeira; Eu cociño, ti cociñas?,de Mama Cabra; ou As que máis molan!!!, de María Fumaça; todos eles da colección Sonárbore, da editorial Galaxia. Aquí vos deixamos "Eu teño alguén", unha das nosas cancións favoritas do libro-disco de María Fumaça As que que máis molan!!!, incluída tamén no seu libro-cd-dvd Xiqui Xoque Fiú Fiú:
Agardamos que estes libros viaxeiros vos fagan pasar a vós, os pícaros do Fogar, as mamás e os papás, momentos agradables e divertidos en familia.
E, por suposto, queremos destacar que esta actividade, ao igual que moitas outras, non sería posible sen o traballo xeneroso do equipo de axudantes de biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario