miércoles, 14 de noviembre de 2018

E LOGO QUE É ISO DA CONCIENCIA?

Entre os diferentes contos aos que nos achegamos a pasada semana, queremos destacar un: La vocecita, un divertido álbum ilustrado protagonizado por Perico, un entrañable camaleón que nos fixo desfrutar a todos coa súa aventura/desventura, e que nos permitiu falar cos pícaros sobre que é iso da conciencia.





Neste conto atopámonos con Perico, que logo de comer moi ben, se sentou a descansar e a tomar o sol. Nese momento aconteceu unha cousa: lle entraron ganas de facer caca. Perico ollou ao seu redor na procura dun lugar axeitado e, logo de moito buscar, encontrou unha árbore tras a que agocharse a facer tal operación. Este é o punto de partida dunha historia humorística e escatolóxica, que permite ensinar aos pícaros normas de hixiene e de respecto aos demais e ás propiedades dos outros, ademais de facernos reflexionar sobre a necesidade de emendar os erros que poidamos cometer.




E como os camaleóns poden acadar moitas cores, logo de escoitar o conto e de falar sobre os temas fundamentais do mesmo, nos puxemos a pintar a Perico:









A todos os que queirades pasar un bo momento desfrutando dunha lectura chea de humor, vos recomendamos esta obra da editorial Kókinos, escrita por Michael Escoffier e ilustrada por Kris Di Giacomo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario