domingo, 14 de enero de 2018

O ALUMNADO DE 5º INF. A LEVA ATÉ O PERÚ AOS COMPAÑEIROS DE 1ºC

Durante o 1º trimestre o alumnado de 5ºInf. A comezou a investigar sobre o Perú, país de procedencia de Willy, o papá de Nico, un dos pícaros deste grupo. Así, ao longo do mes de decembro, procuraron información sobre este país a través de diferentes medios: en Internet, nun encontro con Willy na biblioteca, etc. Coa información recollida elaboraron un mural e prepararon unha exposición para transmitir a outros grupos todo o que averiguaran sobre o Nadal no Perú. A pasada semana, decidiron realizar a exposición diante dos seus compañeiros de 1ºC, nunha sesión que nos deixou a todos os asistentes abraiados co bo facer destes pequenos-grandes oradores. Queredes ver fotos do momento? Velaquí vos van:







E por suposto, tamén vos deixamos algunhas fotos do proceso de preparación:














Como despedida, queremos dar os parabéns aos pícaros de 5ºInf. A por todo o esforzo que realizaron e por poñer tanta ilusión nesta actividade. Uns parabéns que facemos extensivos a Willy e a súa muller Cristina, cuxa visita nos ensinou tantas cousas sobre un país tan fermoso como o Perú.

No que resta de curso, o alumnado deste grupo continuará a afondar en diferentes aspectos do Perú, como por exemplo, a figura da muller, a flora e a fauna.


jueves, 11 de enero de 2018

OS PÍCAROS DE 1ºC VIAXAN COS SEUS COMPAÑEIROS DE 2ºC E COS DE 6º INF. B ATÉ PORTUGAL E COLOMBIA

Ao longo deste 1º trimestre, os alumnos de 1ºC estiveron investigando sobre Portugal e Colombia, países dos que proceden os pais de dúas das compañeiras deste grupo: Rita e Naiala. Os pícaros aprenderon tantas cousas que decidiron explicarllas aos seus compañeiros de 2ºC e aos de 6º Inf. B, nunhas sesións que fixeron desfrutar a todos os asistentes.

A primeira parada foi en Portugal. Rita iniciou a viaxe, dando paso despois aos seus compañeiros. 





A segunda parada foi en Colombia. Nesta ocasión foi Naiala quen comezou a viaxe, dando paso despois aos seus compañeiros.





Ao final todos falamos do que máis nos gustara, das cousas que máis nos chamaran a atención, e os nenos e as nenas de 1ºC responderon ás preguntas que lles formulamos.




Desde aquí queremos felicitar a todos os pícaros de 1ºC polo gran traballo realizado ao longo do 1º trimestre, e darlles as grazas por todo o que nos ensinaron.


GuardarGuardar

martes, 9 de enero de 2018

COÑECEMOS O BRASIL CO ALUMNADO DE 1ºA

Como xa sabedes, este curso andamos a investigar sobre as diferentes nacionalidades e culturas que conviven no Fogar. En 1ºA de Primaria están a achegarse ao Brasil, país sobre o que estiveron a traballar xa no 1º trimestre. E logo de todo o que investigaron, chegou a hora de ensinar o aprendido aos compañeiros.

Así, como podedes ver nestas fotos, os pícaros de 1ºA levaron de viaxe até o Brasil aos compañeiros de 6ºInf. A:










E tamén aos de 2ºC de Primaria:










Logo de todo o que traballaron, queremos dar os parabéns aos nenos e ás nenas de 1ºA por todo o esforzo realizado. Neste 2º trimestre que acaba de comezar seguiremos a investigar sobre música, gastronomía, historia, costumes, etc., das diferentes nacionalidades que compoñen o Fogar.


lunes, 8 de enero de 2018

CON CECILIA E OS PÍCAROS DE 1ºB VIAXAMOS ATÉ O PERÚ

Como xa saberedes aqueles que sigades o blog, este curso estamos a levar a cabo un proxecto destinado a traballar as diferentes nacionalidades e culturas presentes no Fogar. Así, ao longo do primeiro trimestre os nenos e a nenas investigaron sobre diferentes países, como a Arxentina, a China, o Senegal, Italia, Francia, Portugal ou o Perú. Precisamente deste último país, do Perú, procede Cecilia, mamá de Renato, alumno de 1ºB de Primaria. E xa que este curso nese grupo andan a investigar sobre o Perú, invitamos a Cecilia a que visitase o cole para achegarnos a ese fermoso país.



Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión, na que grazas a Cecilia aprendemos unha morea de cousas sobre o Perú.







E, por suposto, logo de investigar sobre o Perú durante o primeiro trimestre, e de aprender mil e un aspectos sobre o país grazas á visita de Cecilia, chegou o momento de transmitir todo iso a outros compañeiros.



Así pois, os pícaros de 1ºB explicaron todo o que aprenderan ante os seus compañeiros de 6º Inf. C e os de 2ºA de Primaria. Aquí podedes ver unhas fotos das sesións: 











Desde aquí queremos dar os parabéns ás nenas e aos nenos de 1ºB polo fantástico traballo realizado ao longo do primeiro trimestre. Neste segundo trimestre os diferentes grupos continuarán a afondar neste proxecto, achegándose ás diferentes nacionalidades e culturas que conviven no Fogar.