lunes, 8 de enero de 2018

CON CECILIA E OS PÍCAROS DE 1ºB VIAXAMOS ATÉ O PERÚ

Como xa saberedes aqueles que sigades o blog, este curso estamos a levar a cabo un proxecto destinado a traballar as diferentes nacionalidades e culturas presentes no Fogar. Así, ao longo do primeiro trimestre os nenos e a nenas investigaron sobre diferentes países, como a Arxentina, a China, o Senegal, Italia, Francia, Portugal ou o Perú. Precisamente deste último país, do Perú, procede Cecilia, mamá de Renato, alumno de 1ºB de Primaria. E xa que este curso nese grupo andan a investigar sobre o Perú, invitamos a Cecilia a que visitase o cole para achegarnos a ese fermoso país.



Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión, na que grazas a Cecilia aprendemos unha morea de cousas sobre o Perú.







E, por suposto, logo de investigar sobre o Perú durante o primeiro trimestre, e de aprender mil e un aspectos sobre o país grazas á visita de Cecilia, chegou o momento de transmitir todo iso a outros compañeiros.



Así pois, os pícaros de 1ºB explicaron todo o que aprenderan ante os seus compañeiros de 6º Inf. C e os de 2ºA de Primaria. Aquí podedes ver unhas fotos das sesións: 











Desde aquí queremos dar os parabéns ás nenas e aos nenos de 1ºB polo fantástico traballo realizado ao longo do primeiro trimestre. Neste segundo trimestre os diferentes grupos continuarán a afondar neste proxecto, achegándose ás diferentes nacionalidades e culturas que conviven no Fogar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario