domingo, 14 de enero de 2018

O ALUMNADO DE 5º INF. A LEVA ATÉ O PERÚ AOS COMPAÑEIROS DE 1ºC

Durante o 1º trimestre o alumnado de 5ºInf. A comezou a investigar sobre o Perú, país de procedencia de Willy, o papá de Nico, un dos pícaros deste grupo. Así, ao longo do mes de decembro, procuraron información sobre este país a través de diferentes medios: en Internet, nun encontro con Willy na biblioteca, etc. Coa información recollida elaboraron un mural e prepararon unha exposición para transmitir a outros grupos todo o que averiguaran sobre o Nadal no Perú. A pasada semana, decidiron realizar a exposición diante dos seus compañeiros de 1ºC, nunha sesión que nos deixou a todos os asistentes abraiados co bo facer destes pequenos-grandes oradores. Queredes ver fotos do momento? Velaquí vos van:







E por suposto, tamén vos deixamos algunhas fotos do proceso de preparación:














Como despedida, queremos dar os parabéns aos pícaros de 5ºInf. A por todo o esforzo que realizaron e por poñer tanta ilusión nesta actividade. Uns parabéns que facemos extensivos a Willy e a súa muller Cristina, cuxa visita nos ensinou tantas cousas sobre un país tan fermoso como o Perú.

No que resta de curso, o alumnado deste grupo continuará a afondar en diferentes aspectos do Perú, como por exemplo, a figura da muller, a flora e a fauna.


No hay comentarios:

Publicar un comentario