lunes, 24 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DE MARZO

O tema central do noso Plan Lector este ano é a auga. Consideramos que é moi importante que os rapaces e rapazas valoren e recoñezan un ben tan escaso e fundamental e de valor incalculable.
Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o pasado 22 de marzo, propoñemos este mes dous concursos relacionados con esta temática.
O primeiro deles, un concurso de relatos curtos no que participará todo o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Os alumnos deberán escribir unha historia na que o tema central sexa a auga. Cada titor, titora ou profesor titular da materia dará as directrices ao seu grupo sobre a extensión, a lingua e o formato no que a deberán escribir.
Para animarvos á investigación e, se cadra, inspirarvos para as vosas redaccións, deixámosvos aquí, aquí e aquí unhas webs relacionadas coa auga e a súa importancia.

O segundo concurso está destinado ao terceiro ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato. Trátase dun concurso de fotografía no que o alumnado deberá tomar unha fotografía relacionándoa con diferentes materias (Educación Física, Xeografía, Sociais, Bioloxía, Coñecemento do Medio...) e na que o elemento principal sexa a auga. 
As fotografías deberán enviarse ao correo do Plan Lector (ofogardoslibros@gmail.com) indicando o nome do alumno, o curso, con que materia a relaciona e o seu porqué da elección ou ben, entregalas nunha memoria externa ao titor ou na biblioteca do centro.
As datas límite para entregar os relatos e as fotografías son: o 31 de marzo para Primaria e o 4 de abril para ESO e BACH.
Na primeira quincena do mes de abril revelaremos os gañadores e os fantásticos premios que recibirán grazas a Rodeira/Edebé e Oxford.

No hay comentarios:

Publicar un comentario