viernes, 22 de mayo de 2026

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO "A MIÑA PERSONAXE FAVORITA DOS LIBROS É..."

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, desde a biblioteca do colexio organizamos o concurso de debuxo “A miña personaxe favorita dos libros é…”, unha actividade na que participou alumnado de diferentes cursos amosando a súa creatividade e o seu amor pola lectura.

Os nenos e as nenas sorprenderon coas súas obras, cheas de cor, imaxinación e personaxes inesquecibles da literatura infantil. Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo esforzo e polas magníficas creacións presentadas.

Nesta edición, as gañadoras do concurso foron:

  • Sabela Noya Paradela, de 5º de Infantil A, co seu debuxo da Bela Durminte.
  • Carmen Lage Freire, de 1º B de Primaria, coa súa representación do Monstro de Cores.

Parabéns ás dúas premiadas polo seu gran traballo e pola ilusión que transmitiron a través dos seus debuxos!




Desde a biblioteca queremos agradecer tamén a participación de todo o alumnado, das familias e dos titores, que contribuíron a facer desta actividade unha fermosa celebración arredor dos libros e da lectura.

Seguimos lendo, soñando e creando xuntos!