O 17 de maio celebrouse na nosa comunidade autónoma o
Día das Letras Galegas que se vén festexando desde 1963,
data na que se publicou en Vigo o primeiro exemplar da
obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
Este ano, a Real Academia
Galega, decidiu homenaxear
a Xosé María Díaz
Castro pola súa creación
literaria no noso idioma.
Para este día, desde o plan lector, propuxemos unha
"Xincana" polo colexio, na que todo o alumnado de primaria
(1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) tivo que ir localizando e identificando a
escritores galegos representantes das nosas letras en anos
anteriores. Así coñeceron e falaron con autores tan
importantes como Rosalía de Castro, Castelao, Pondal,
Vidal Bolaño, Lois Pereiro, Paz Andrade e o propio Díaz
Castro.

Agradecementos ás nosas actrices: "Nerea, Paula, Sara, Alba, Antía, Cris, Yamila e María". |
E...comeza a aventura!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario