Onte vivimos unha xornada chea de maxia, lectura e... ratiños!
Os nenos e nenas de 6º de Infantil recibiron unha visita sorpresa arredor do conto Quen vén esta noite?, unha divertida historia creada por Ana Meilán, ilustrada por Silvina Eduardo e protagonizada polo Ratiño Pérez e os seus tres fillos: Philippe, Rudi e Lía, que axudan ao seu pai no importante traballo de trocar dentes por pequenos agasallos.
Durante a actividade, Marina, Ainhoa e Alicia, de 5º de Primaria, convertéronse en grandes contacontos e leron o álbum aos máis pequenos, que escoitaron con moita atención. En todo momento, a lectura estivo acompañada polos tres máxicos ratiños, Philippe, Rudi e Lía, o que converteu a sesión nun instante tan divertido como entrañable.
A todos aqueles que desexedes pasar un bo momento de lectura cos vosos fillos, recomendámosvos este divertido álbum:
Nas próximas semanas, estes tres ratiños volverán visitar a biblioteca para achegar a súa historia aos pícaros dos outros grupos de Infantil.
E non queremos despedirnos sen dar as grazas á nosa compañeira Paula, así como a John, Lucas e Narely, os cales fixeron posible este máxico encontro.




