O pasado mes de setembro propuxemos ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria participar no noso concurso para celebrar o «Día Mundial dos Animais».
Despois de ler un libro (ou varios) da nosa biblioteca que tivese aos animais como protagonistas, os rapaces e rapazas debían facer un debuxo inspirado nel.
Cos seus debuxos decoramos as paredes da biblioteca:
Estades todos e todas convidados a pasar pola biblioteca a ver os debuxos! |
E hoxe anunciamos a gañadora: Sara Fernández Cedeira de 3º C, cun debuxo inspirado no libro Una jirafa de otoño (Anaya, 2004) de Andrés Guerrero.
Moitos parabéns a Sara, que ao longo desta semana recibirá o seu premio!
Felicidades Sara. Estamos muy orgullosos de ti.Papa, mamá y Alvaro.
ResponderEliminarMoitas felicidades Sara! a ti e a tódolos nenos e nenas de 3º C que participástedes! Para o seguinte....máis e mellor!! Apertas, Silvia P.
ResponderEliminar