Onte, como cada martes, os "Pilaritos" e os "Gemitos" visitaron a nosa biblioteca para desfrutar dunha sesión de contacontos; porén, nesta ocasión agardábaos unha agradable sorpresa: O grilo Míllelo (Edicións Embora, 2014), na voz dunha das súas autoras, Icía Varela Gómez, alumna de 3ª de ESO do noso colexio.
Os nenos quedaron encantados coa súa narración. Icía, coma se dunha contacontos profesional se tratase, fixo gozar aos cativos coa lectura dunha obra que a bo seguro se convertirá nun clásico da literatura infantil en galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario