jueves, 5 de febrero de 2015

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN


O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua e querendo contribuír a apoiar os novos valores, organiza este certame que leva o nome do seu máis ilustre literato, Francisco Añón.
O certame fállase o Día das Letras Galegas e desde o Plan Lector, esperamos que vos animedes a participar.


As categorías son as seguintes:

Categoría A: Nenos e nenas de 6 a 7 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Vale de 90 € en libros e publicación da obra galardoada.
  • Accésit: Publicación da obra galardoada.  

Categoría B: Nenos e nenas de 8 a 9 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
  • Accésit: Publicación da obra.  

Categoría C: Nenos e nenas de 10 a 11 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación do poemario. 
  • Accésit: Publicación da obra seleccionada.  

Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Vale de 180 € e publicación da obra. 
  • Accésit: Publicación da obra seleccionada.

Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Cheque por valor de 230 € e publicación da obra. 
  • Accésit: Publicación da obra seleccionada.  

Categoría F: Maiores de 18 anos. Premios: 
  • 1º Clasificado: Cheque por valor de 1000 € e publicación da obra. 
  • Accésit: Publicación da obra seleccionada. 

Os traballos presentaranse en sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a mención “XIX Certame Francisco Añón de Poesía”. No seu interior achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, figurando no exterior o título da obra, a categoría na que participa e o lema ou pseudónimo do autor; e no interior os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos –de ser o caso-, título da obra e lema ou pseudónimo) e fotocopia do DNI ou CIF. Estes traballos recolleranse na Casa da Cultura, cuxo enderezo é:
Casa da Cultura. 
Avda. de San Campio s/n 
15230 Outes (A Coruña) 

O prazo de presentación rematará o martes 07 de abril de 2015. 
Se queredes máis información, pinchando aquí, podedes descargar o Pdf coas bases. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario