viernes, 13 de enero de 2017

CON CANDELA E INÉS... COÑECEMOS A FRIDA KAHLO

Esta semana, Inés e Candela (5ºC) volveron achegarnos a unha gran muller. Nesta ocasión a figura escollida foi Frida Kahlo, a pintora máis destacada da historia da arte mexicana e unha das meirandes iconas artísticas do século XX.



Cando Frida tiña seis anos púxose moi enferma e cando a súa saúde mellorou comezou a practicar deportes para seguir a recuperarse pouco a pouco. Por exemplo, praticou boxeo e fútbol, deportes que  naquela época eran considerados pouco axeitados para as nenas. Tempo despois, xa con dezaoito anos o infortunio volveu cruzarse no seu camiño e sufriu un grave accidente, que a fixo pasar moitos meses sen moverse. Foi nesta época cando comezou a pintar os seus primeiros debuxos e cadros, un arte que a levaría a converterse nunha artista recoñecida internacionalmente. A súa fama mundial permitiulle expoñer as súas obras en museos de cidades como Nova York, Boston ou Filadelfia.



Para presentarnos esta figura, Candela e Inés nos leron o libro que Alba Editorial lle dedica na súa colección Pequeña Y GRANDE, dirixida a descubrir ás nenas e aos nenos algunhas das grandes mulleres da historia contemporánea. Esta obra é da autoría de Gee Fan Eng e María Isabel Sánchez Vergara.



Aquí podedes ver as nosas dúas contacontos, lendo o álbum de Frida ao alumnado de 3ºC de Primaria:




Logo da lectura, chegou o momento das preguntas:



E como aos pícaros lles gustou tanto Frida, Inés e Candela tamén lles leron a obra que a editorial Susaeta lle dedica na súa colección Mini Biografías:




E que fixemos despois? Pois en honor a unha das grandes retratistas da historia, cada un de nós fixo un retrato do compañeiro que tiña en fronte:



As nenas e os nenos de 3ºC demostraron que son uns grandes artistas e foron ensinando aos compañeiros o retrato que realizaran e comentándoo ante eles:






E ao final, todos quixemos converternos un pouco en Frida, en honor a esta muller forte e independente, exemplo de tesón, loita e valentía, que segue a inspirar a millóns de homes e mulleres hoxe en día.



Para que poidades desfrutar, coma nós, desta gran artista, aquí vos deixamos unha pequena mostra da súa obra:

Autorretrato con traje de terciopelo


Autorretrato con collar de espinas


Autorretrato en la frontera entre México y los Estados Unidos


Autorretrato como tehiuana
(Diego en mis pensamientos)


El venado herido


Las dos Fridas


Autorretrato con pelo corto


Autorretrato dedicado a León Trotsky
(Entre las cortinas)


Diego y Frida


El autobús




No hay comentarios:

Publicar un comentario