Cada vez, na biblioteca do Fogar, nos estamos a volver máis e máis contistas. E é que os contos volveron encher unha vez máis este espazo, tal e como puideron comprobar, por exemplo, os pícaros de 4º de Infantil, que desfrutaron dunha selección dunha das coleccións máis clásicas da literatura infantil: Teo, de Violeta Denou, na voz de Adriana e de Sara, alumnas de 6ºB.
Como agradecemento a estas dúas contacontos de 6º, os pequenos cantaron e bailaron para elas:
E, incluso, se animaron a contarlles un conto:
Tamén os nenos e as nenas de 6º de Inf. B gozaron dos contos grazas a Miriam, a Claudia, a Laura, a Julia e a Nicole, cinco espectaculares contacontos de 5ºC, que os levaron de viaxe até as lonxanas terras de El país de las pulgas (Phaidon), un divertidísimo álbum sobre a diferenza e a tolerancia, creado por unha das ilustradoras de literatura infantil máis recoñecidas en Francia: Beatrice Alemagna.
E logo de escoitar a historia que se nos conta neste álbum...
Chegou o momento de falar sobre el:
Os nenos e as nenas de 5º de Inf. A riron a cachón co divertido álbum de Quentin Blake Os petos de Loreto, publicado por Kalandraka.
Un canto á imaxinación que nos sorprende nas súas páxinas cos mil e un obxectos que Loreto vai sacando dos seus petos: bucinas, sombreiros, xeados...
E sorprendente é tamén o álbum Confundindo historias (Kalandraka), creado por un dos grandes mestres da literatura infantil: Gianni Rodari. Esta obra nos presenta un divertido xogo arredor dun conto clásico como Carapuchiña Vermella.
Pero os contos tamén chegaron, por suposto, a Primaria. Entre as diferentes sesións celebradas con grupos desta etapa, destacaron dúas. Nunha delas, Sabrina e Alba, de 4ºC, dramatizaron para os nenos e as nenas de 2ºB o álbum El cocodrilo al que no le gustaba el agua (Picarona), un conto de Gemma Merino que nos fala da diferenza, de procurar o noso lugar no mundo e de ser fieis a nós mesmos.
Na outra, Andrés, Adriana, Nico e Marta, de 4ºB, realizaron para 2ºA unha sesión de contacontos arredor dunha das nosas obras favoritas: O coelliño branco, nunha adaptación dun famoso conto popular portugués realizada por Xosé Ballesteros, e publicada en galego por Kalandraka con ilustracións de Óscar Villán.
No que resta de curso, contos e historias seguirán a encher a biblioteca do Fogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario