Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), os pícaros de 1ºA de Primaria tiveron unha sesión de biblioteca moi especial esta semana. Nela, a nosa compañeira Iria, do Departamento de Orientación, desenvolveu unha actividade na que todos puidemos achegarnos á realidade dunha serie de persoas con diferentes tipos de diversidade.
E por suposto, Iria tamén leu un conto que fala precisamente da diversidade, e que pon en valor as diferenzas, fronte a quen as convirte en motivo de burla. Este álbum ilustrado, que vos recomendamos a todos, trátase de Orellas de bolboreta (Kalandraka), con texto de Luisa Aguilar e ilustracións de André Neves.
Desde aquí queremos dar as grazas a Iria por todo o que nos ensinou durante unha sesión que nos encantou a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario