viernes, 10 de noviembre de 2023

VERA, CARLOTA E CARMEN CÓNTANNOS OS TRES BANDIDOS

Rematados os contacontos do Samaín, novas historias continúan a visitar a biblioteca para facernos desfrutar a todos. Este é o caso de Os tres bandidos, o coñecido álbum creado por Tomi Ungerer e publicado por Kalandraka. Carlota, Carmen e Vera, alumnas ded 5º de Primaria, foron as encargadas de achegar este clásico aos máis pequenos.




Os pícaros pasárono en grande con este conto que reúne ingredientes apaixonantes como malos que axexan na escuridade, tesouros ou personaxes indefensas.






Desde aquí queremos felicitar a Carmen, Vera e Carlota polo ben que o fixeron. Moitas grazas ás tres polo voso esforzo durante os ensaios!


E non queremos despedírmonos sen recomendarvos este clásico con tres personaxes aparentemente tan malvados, pero cun xiro final que deixa ao lector cun sorriso na cara. Medo, angustia, tenrura ou sorpresa serán algunhas das emocións que experimentaredes aqueles que decidades aventurarvos nas súas páxinas. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario