jueves, 18 de octubre de 2018

COÑECENDO A WANGARI MAATHAI

A pasada semana celebrouse, como cada 11 de outubro, unha data que nos encanta: o Día Internacional da Nena. Por esta razón decidimos achegarnos á historia dunha nena africana que chegou a converterse en Premio Nobel da Paz: Wangari Maathai.



Activista política e ecoloxista keniana, Wangari, nada en 1940 nunha pequena aldea no seo dunha familia de labregos, amosouse sempre como unha persoa comprometida. En 1976 participa no Consello Nacional de Mulleres de Kenia e lanza un proxecto: plantar árbores para salvar a Terra. Deu así comezo ao Movemento Cinto Verde, co que pretendía axudar a frear a enorme deforestación que estaban a padecer os bosques, e co que lograría plantar, xunto con outras moitas mulleres, 30 millóns de árbores no seu país. 



Para coñecer máis sobre esta figura vos recomendamos a obra Wangari y los árboles de la paz (Ediciones Ekaré), de Jeanette Winter.





E logo de achegarnos a Wangari, decidimos crear un retrato dela:









O resultado, como vistes na primeira foto, foi extraordinario grazas aos pequenos-grandes artistas de 6º de Inf.A:



A terra estaba espida.
A miña misión foi intentar
vestila de verde.

WANGARI MAATHAI


Ao longo do curso iremos coñecendo diferentes figuras que constituen un exemplo polo seu compromiso en ámbitos como o ecoloxismo, os dereitos humanos, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario