lunes, 15 de octubre de 2018

AS VISITAS DE 1ºA Á BIBLIO DAN PARA MOITO

Unha visita de 1ºA de Primaria á biblioteca pode servir, por exemplo, para achegármonos a unha actividade moi propia deste tempo, como é a vendima, e mesmo para degustar diferentes tipos de uva que a profe Ana trouxo para nós.



Tamén pode servir para ler ante os nosos compañeiros os relatos que creamos, tal e como fixeron Iria e Mateo.




Unha visita de 1ºA á biblioteca pode servir tamén para falar de nós, das nosas afeccións, dos nosos gustos e intereses e, en definitiva, para coñecernos mellor a nós mesmos e tamén para coñecer os nosos compañeiros.



E, por suposto, tamén pode servir para voar grazas aos libros e aos contos que nos le a profe Ana.


Encantounos "A casa de Bruel", un dos 28 contos da obra Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto e Chinto, publicada por Kalandraka. Desde aquí vos recomendamos esta xoia, gañadora de destacados galardóns, como o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil 2010. A bo seguro que ides desfrutar con estes contos cheos de orixinalidade e sentido do humor.





No hay comentarios:

Publicar un comentario