lunes, 3 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Encántame o que fago e desfruto facendo isto”

 


Herminio Pombo, un profesor de secundaria que imparte Matemáticas no Fogar de Santa Margarida.

 

LUCAS HERVA GONZALEZ (1º ESO A)

 

Por que quixeches ser profesor? Que che gustaba deste oficio?

Porque me gusta traballar con nenos pequenos e darlles unha base para o futuro. Era algo que sempre me gustou e por iso me dediquei á profesión de profesor.

 

En cantos centros escolares estiveches?

Estiven en dous. O primeiro onde empecei a traballar foi nun colexio concertado que había na Rúa de Petín (Ourense) e despois traballei aquí, no Fogar de Santa Margarida.

 

Por que decidiches traballar neste centro e non noutro?

Basicamente porque foi deste centro de onde me chamaron. Eu vivía na Coruña nese momento e interesábame un centro escolar na cidade, e este foi o primeiro de onde me chamaron e quedei aquí.

 

E por que esta materia?

Porque eu estudei Matemáticas, a licenciatura en Matemáticas; entón, se estudo Matemáticas é porque me entusiasman as Matemáticas.

 

Respecto ás dúas preguntas anteriores, gustouche a túa decisión?

Si, encántame o que fago e desfruto facendo isto.

 

En que cursos impartes Matemáticas este ano?

En primeiro de Secundaria, en primeiro de Bacharelato e en segundo de Bacharelato.

 

Lévaste ben cos teus compañeiros?

Si, lévome ben cos compañeiros. Por sorte, moi ben con todos.

 

Estás contento en xeral co alumnado que che tocou este ano?

Si, estou contento con todos.

 

E o alumnado cres que está contento contigo?

Espero que si.

 

Prefires impartir en Secundaria ou en Bacharelato?

Cada cousa ten o seu. En Bacharelato estás máis presionado porque tes que acabar o temario. Entón, tes que dedicarte máis á explicación. En Secundaria falas máis cos rapaces e desfrútalo doutra maneira. Son cousas diferentes.

 

Gústanlles aos teus fillos as Matemáticas?

Así asá, máis ou menos.

 

Traballaches só neste oficio?

Si, só neste.

 

Que che gusta facer cando tes tempo libre?

Gústame xogar ao baloncesto, ver a televisión e xogar cos meus nenos.

 

Gustaríache cambiar de centro?

Agora mesmo, non.

 

Tras falar con Herminio Pombo e descubrir que as Matemáticas non é unha das materias preferidas dos seus fillos; agradecémoslle que estivera aquí connosco e que, de cara ao futuro, siga desfrutando do seu traballo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario