Os alumnos de segundo de Secundaria desfrutaron na xornada de onte, como veñen facendo cada ano, dunha saída por Cabana de Bergantiños. Xosé Manuel Varela, profesor de Lingua e Literatura galegas e gran coñecedor da zona, guiou a visita por lugares tan significativos como o Dolmen de Dombate, o Castro de Borneiro, a Pedra da Arca ou a Croa do Castro de Cerqueda.
Esta visita permitiu aos alumnos achegarse ao noso pasado megalítico e á cultura castrexa, ademais de darlles a oportunidade de desfrutar dunha paisaxe marabillosa.
Picando aquí poderedes ver un vídeo da saída publicado na Voz de Galicia e picando en cada unha das imaxes, poderedes coñecer máis sobre algúns dos lugares visitados.
Dolmen de Dombate |
Castro de Borneiro |
Pedra da Arca |
Croa do Castro de Cerqueda |
Ademais, proximamente na biblioteca poderedes desfrutar dos traballos sobre a saída realizados polo alumnado que acudiu á mesma e tamén dos de anos anteriores, que pasarán a formar parte da nosa nova sección «As vosas creacións».
No hay comentarios:
Publicar un comentario