Comezamos este curso recibindo unha importante doazón de libros dunha editorial tan prestixiosa como SM. A ela lle temos que agradecer, por exemplo, a incorporación aos nosos fondos de varios volumes de dúas das coleccións que máis están a triunfar entre os lectores do Fogar: Los Futbolísimos, de Roberto Santiago, e Las aventuras del Capitán Calzoncillos, de Dav Pilkey. Porén, a biblioteca tamén a construides vós, todas as familias que doades os vosos libros para que estes poidan ser lidos por calquera alumno do Colexio.
Esta semana foron dúas as familias que nos obsequiaron con varias obras que sen dúbida farán desfrutar a todos os rapaces que se mergullen entre as súas páxinas: a familia Castiñeira Rial e a familia Arrojo Casal. A ámbalas dúas, e en especial a Lucía (5ºA) e a Aitana (4ºC): moitísimas grazas! Grazas pola vosa xenerosidade, por lembrarnos o valor do verbo compartir e por entender que todos os que formamos parte do Fogar non somos senón unha pequena-gran familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario