No Fogar cremos firmemente na importancia fundamental da lectura para o crecemento de toda persoa. Nesta convicción, achegar os nenos aos libros é unha das principais preocupacións de todos nós. Os libros outorgan aos nenos a chave a mundos de fantasía, apórtanlles información e coñecementos, fomentan neles valores positivos e axúdanlles a ampliar e organizar o seu universo, a adquirir novo vocabulario, a traballar a memoria, a desenvolver a súa creatividade e a coñecerse mellor a sí mesmos.
Así, no empeño de facilitar o surximento desa amizade natural que se establece entre os pequenos e os libros, a comezos de curso decidiuse que cada tarde nenos de Infantil visitasen a biblioteca para mergullarse entre as letras e as ilustracións das obras do seu "rincón de Infantil". Deste xeito, en cada viaxe á biblioteca desfrutan vendo os libros, manoseándoos, intercambiándoos, comentándoos e escollendo os que máis lles gustan para levalos en préstamo para as súas casas. Desde aquí esperamos que estes préstamos lle deran a oportunidade a moitos pais e a moitos fillos de desfrutar xuntos dun momento máxico como é a lectura en familia, xusto antes de ir durmir.
Cada unha destas visitas á biblioteca, permitiunos gozar de divertidas sesións de contacontos nas que os pequenos se divertiron con historias como O galo Quirico, El pez Arcoiris, La vocecita, A vaca que puxo un ovo, A Cebra Camila ou La historia de los bonobos con gafas.
E logo do conto, os nenos realizan distintas actividades sobre o mesmo:
E logo do conto, os nenos realizan distintas actividades sobre o mesmo:
Algunhas destas actividades servíronnos para deixar así de bonita a biblioteca:
Moitos foron os contos que se escoitaron nestas tardes na biblioteca. Moitos os que quedan por escoitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario