Este domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, polo que os rapaces de Primaria decidiron decorar a biblioteca para a ocasión. Para iso elaboraron carteis, cada un dos cales está dedicado a un autor homenaxeado en anos anteriores, e nos que figura unha foto do escritor e un texto (ou fragmento dun texto) deste. Con estes carteis a biblioteca vestiuse de gala para o día 17.
Berta, Xiana, Aldara, Iria, Iker, Brais, Andrés, Lola, Sara, Marina, Patricia, Julia, Adrián, Óscar, Xoel, Gabriel, Samuel, Amanda, Nuria, Xiao, Manuela, Abel, Martina, Sofía e todos os que axudáchedes na elaboración deste traballo: MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!
|
Sofía con Pondal (1965) |
|
Amanda xunto a Rosalía de Castro (1963) |
|
Martina xunto a Xosé María Díaz Castro (2014) |
|
Adrián xunto a Curros (1967) e Novoneyra (2010) |
|
Bouza Brey (1992), Lorenzo Varela (2005) e Pintos (1975) |
|
Abel con Castelao (1964) |
|
Blanco Amor (1993), Cabanillas (1976) e Vidal Bolaño (2013) |
|
Lois Pereiro (2011) |
|
Cunqueiro (1991) |
|
Fole (1997) e Amado Carballo (1982) |
|
Pimentel (1990) |
|
Manuel Antonio (1979) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario