domingo, 10 de abril de 2016

ANIMALADAS, FROITA E ALGO MÁIS...

Estes días volvemos vivir unha nova xeira de contos na biblioteca, moitos deles protagonizados por animais: elefantes, leóns, panteras, cans, pitiños, ratiños...

Os tres grupos de 6º de Infantil desfrutaron de Pulguiña, unha divertida adaptación dun conto popular realizada para Kalandraka por Manuela Rodríguez, con ilustracións de Orballo.

Érase unha vez unha parella de labregos que quería un fillo.
Tanto o desexaban que non lle importaba que nacese pequeniño
como un garabanzo ou unha lentella.
Un día naceu aquel neno, pequeno coma unha pulga.

Esta é unha historia de inxenio e superación, na que o protagonista nos demostra que o tamaño non é impedimento para acadar os obxectivos ansiados.


Aitor Pampín Pérez e Pablo Sánchez Varela, alumnos de 6ºC, encargáronse de achegar o conto aos pequenos.





Os nenos seguiron así de atentos a lectura de Aitor e Pablo:


Os pequechos de 6º de Infantil tamén puideron desfrutar con outras lecturas estes días. Entre elas destacamos dúas: Respira (Fragmenta Editorial), con texto e ilustracións de Inés Castel-Branco, e ¿Quieres jugar conmigo? (Kókinos), escrita e ilustrada por Éric Battut. Na primeira delas, por medio dun diálogo entre nai e fillo, asistimos a unha recompilación de exercicios ilustrados que nos axudaron a tomar conciencia da nosa respiración:


- Mamá, ¡hoy no puedo dormir!
- ¿Por qué?
- No lo sé... Estoy nervioso y mi cabeza no para de pensar, de pensar y pensar...
- ¿Quieres que te enseñe a respirar?
- ¿R E S P I R A R? ¡Si yo ya sé respirar!
- ¿Pero te has parado alguna vez a ver cómo lo haces? Por dónde entra y sale el aire, si llenas más la barriga o el pecho, si lo haces poco a poco o con prisas...
A segunda destas obras fálanos da diferenza, de non aceptar ao outro por ser diferente. Nela atopamos un ratiño verde que anda á procura de alguén co que xogar, mais os outros ratos, os da súa mesma especie, non queren xogar con el. Por iso marcha e vai preguntando a diferentes animais que tamén son de cor verde se queren xogar con el, porén, todos o rexeitan. Finalmente, atopará a...


El ratoncito verde estaba muy triste.
No tenía a nadie con quien hablar. ¡Nadie a quien besar!
- No queremos jugar contigo- le habían dicho los ratoncitos grises.
Así que un buen día, el ratoncito verde guardó en un hatillo un trozo de queso, un
pepinillo y una rodaja de salchichón.
Y, sin más, se marchó a buscar un amigo con quien jugar.

Pola súa banda, os grupos de 5º de Infantil asistiron ás aventuras do pitiño protagonista de Cocorico (OQO), unha adaptación dun conto popular birmano co que lembramos a importancia de compartir, de cumprir as promesas e de escoitar os consellos daqueles que saben máis.

A historia fálanos de Cocorico, un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno e, cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Porén, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: é Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito...



Aquí tedes unhas fotos de Icía Varela Gómez (4ºESO B) lendo este simpático conto aos nenos:




E logo de escoitar o conto, elaboramos os nosos propios Cocoricos de papel, coa axuda de Raquel Arias Pombo, de Marta García Rojo, de Gema Palleiro Parafita e de Lucía Rodríguez Bouza, alumnas de 3ºESO A.









Os nenos de 5º gozaron tamén cunha actividade que encheu a biblioteca de olor a fresa, a mazá a plátano..., e que se desenvolveu arredor de dúas obras protagonizadas por animais. A primeira delas foi Elefante comellón, un fermoso álbum ilustrado publicado por Kalandraka, escrito por Rafael Ordóñez e acompañado dunhas impactantes imaxes realizadas coa técnica do linogravado por Marc Taeger. Nela atopámonos cun divertido grupo de animais que percorren a sabana na procura de cadansúa froita. O relato, de estrutura repetitiva e acumulativa, e cheo de humor e de xogos de palabras rimadas, fixo as delicias dos pequenos.



A segunda das obras escollidas para esta actividade trátase dunha vella coñecida da biblioteca, O gato lambón (Kalandraka), un conto popular escrito por Patacrúa e ilustrado por Oliveiro Dumas, no que nos encontramos cun gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante.


Logo da lectura das obras, elaboramos uns graciosos bonecos empregando froitas e chocolate. Os nenos divertíronse enormemente construindo os monicreques, que logo lles serviron de saborosa merenda. Esta actividade estivo dirixida por Sergio Fernández Alonso e por Natalia Mouriño Domínguez, alumnos de 3ºESO B e colaboradores habituais da biblioteca. Sergio e Natalia contaron coa axuda de varias compañeiras de clase: Clara Fandiño Fontecoba, Alba Gago Aído, Julia Rey Rodríguez, Laura Sande Blanco e Andrea Suárez Puga.







Os pícaros de 4º de Infantil volvéronse divertir cunha nova aventura de Tento: Tento e maila cadea (Tambre).

Desta vez, foron Oihane Álvarez López, Ángelo De Juan Moreira e Meron Núñez López, de 4ºB de Primaria, os encargados de achegar o conto aos nenos, a través dunha divertidísima lectura dramatizada do mesmo.








Desde o Plan Lector queremos dicirvos a vós, os rapaces e as rapazas que estades a colaborar semana tras semana con nós, un enorme: GRAZAS. Sen o voso entusiasmo e a vosa paixón moitos deses sorrisos que inundan a biblioteca desde a cara dos máis pequenos non serían posibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario