Chegou maio, e con el o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao escritor e docente ferrolán Ricardo Carvalho Calero, autor dunha notable obra literaria que abrangue a narrativa, o ensaio, a poesía e o teatro.
Desde a Biblioteca Agustín Fernández Paz vos convidamos a todos a que estes días vos acheguedes a esta figura fundamental da nosa cultura, que chegou a manter unha relación moi estreita con persoeiros da talla de Castelao, Risco ou Otero Pedrayo, así como con outros intelectuais destacados da Xeración Nós.
Para aqueles que desexedes coñecer máis sobre o protagonista do Días das Letras Galegas 2020, aquí vos deixamos varios recursos que nos chegaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
- Os estudantes de Secundaria e Bacharelato poderedes encontrar aquí abundante información sobre Carvalho Calero, con interesantes vídeos sobre esta figura:
Sete palabras do teatro de Carvalho - Portal das Palabras
A poesía de Carvalho Calero en sete palabras - Portal das Palabras
O Portal da Lingua Galega
Carvalho Calero 2020 - AGAL
- Ao alumnado de Infantil e Primaria vos deixamos aquí unha serie de divertidas actividades que podedes realizar en familia, e que van acompañadas de interesantes datos sobre o autor homenaxeado :
Primavera das Letras - Real Academia Galega
Seminario Galán
Agardamos que todos desfrutedes aprendendo moitas cousas sobre unha das figuras fundamentais das nosas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario