domingo, 6 de abril de 2014

CURSO ACELERADO PARA SER HOMES (E MULLERES) DO SACO





O pasado mércores 2 de abril, os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria puideron asistir a unhas clases maxistrais para seren de maiores... homes (e mulleres) do saco! O mestre que impartiu tan curioso curso, por xentileza de Anaya-Xerais, foi o contacontos Iago. 

Resultou ben divertido facer o adestramento: aprender a agocharse, a botar carreiras, a montar en bicicleta, a nadar...

Unha animación que recreaba dous fermosos libros O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa, e O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario