viernes, 11 de abril de 2014

OS NOSOS GAÑADORES E GAÑADORAS!!!

Como prometeramos,  hoxe revelamos os gañadores e gañadoras dos Concursos da Auga de relatos e fotografía do mes de marzo. Esperamos que vos gusten os elixidos! 
Ao xurado foille moi difícil decidir, dada a calidade dos traballos presentados e o alto número que deles había. Parabéns aos que gañaron e tamén ao resto dos participantes!

No concurso de fotografía, a nosa gañadora é Lucía Costa López de 5º A de Primaria
Velaquí o seu traballo:
"A auga é vida"

Materia coa que se relaciona: Coñecemento do Medio.
Porqué da elección: Relaciono a foto con Coñecemento, porque como vimos, a terra e os seres vivos están formados na súa maior parte por auga. A auga é polo tanto un elemento esencial para a vida. Coidando a auga coidamos de nós mesmos.

Por que elixín esta foto: Elixín facer esta foto para amosar o pequeno que pode ser o elemento máis importante das nosas vidas.

Onde a fixen: Fíxena na miña casa, nunha cubeta con fondo azul, chea de auga, e cun contagotas.

Os premiados dos concursos de relatos son: 
En primeiro ciclo de Primaria, Aitana Boquete Gago de 1º C.
En segundo ciclo de Primaria, Adrián Chousa Prado de 3º C.
En terceiro ciclo de Primaria, Gabriel Fuentes Martínez, 
                                                    Iago Rodríguez Sánchez e 
                                                    Álex Varela Parada de 5º C.
En primeiro de ESO: Carmen Barreiro Rodríguez de 1º A.
En segundo de ESO: Sara Sánchez Varela de 2º B.
En terceiro de ESO: Inés Prado Carbón de 3º B
En cuarto de ESO: Pablo Villar del Río de 4º A.
En Bacharelato: Gabriel Rodríguez Leva e Pablo Neira Eiras

Pronto publicaremos os relatos para que os poidades desfrutar todas e todos.
Á volta das vacacións, faremos entrega dos premios a todos os gañadores.

Que teñades unhas boas vacacións de Semana Santa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario