Os suspiros
dun porrón no mar
Hai moitos anos, un
mariñeiro tirou un porrón ao mar. O mariñeiro tiña unha borracheira grande e
estaba moi enfadado. Non pensou que o pobre porrón tiña alma.
Pasaron os días e a marea
arrastrouno mar adentro ata chegar a alta mar.
O porrón viuse só e
indefenso e comezou a suspirar. Non sabía cál ía ser o seu destino, pero tiña a
esperanza de que algún día alguén o encontraría.
O porrón dicía: “¡Ai, que só me encontro!”, e á vez
suspiraba.
Despois de moitos días e de
perder as esperanzas apareceu un gran buque pesqueiro.
O porrón suspirou de
alegría e non podía crer que alguén o puidese rescatar.
O capitán, observando dende
a proa do barco, viu ao lonxe algo que se tambaleaba e estrañouse.
Decidiu achegarse nunha
pequena lancha para ver o que era. Cando viu o porrón non se explicaba como
puidera chegar ata alí.
O capitán recolleuno e o
porrón comezou a suspirar de alegría.
Dende entón, aquel porrón
foi feliz co capitán, que resultou ser aquel mariñeiro que había anos o tirara
ao mar.
Carmen Barreiro Rodríguez, 1 ESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario