lunes, 2 de mayo de 2016

MOITO CONTO E UN POUCO DE TEATRO...

Nesta semana que acabamos de deixar atrás o teatro encheu a biblioteca de sorrisos, grazas á obra A nova Cincenta, unha reinterpretación do conto tradicional escrita e representada por Ainhoa Castelos Silvosa, Shaila Castelos Silvosa, Candela Fernández Liñares, Sofía Gómez Rodríguez, Lucía Pérez Rodríguez e Aarón Fuentes Martínez, de 5º de Primaria. 








O bo facer destas actrices xeniais e deste fantástico actor fixo as delicias dos nenos de 5º de Infantil, diante dos cales actuaron.



Ademais, logo da representación, o público recibiu caramelos como agasallo:



Desde o blog queremos felicitar a estas actrices e a este actor por todo o esforzo realizado durante meses. Grazas polos vosos sorrisos, polo voso bo humor e polo entusiasmo co que afrontáchedes cada ensaio. 





Mais, ademais do teatro, a pasada semana tamén lemos numerosos contos na biblioteca. Un co que desfrutaron enormemente os nenos de 4º de Infantil foi Tento e mailo mar (Edelvives), de Ricardo Alcántara. A encargada de ler o conto aos pícaros foi Oihane Álvarez López, de 4ºB de Primaria.




E estes días pasounos na biblioteca unha cousa abraiante: cando estabamos a lerlle o conto de O Parruliño Feo aos nenos de 6º de Infantil, de súpeto, apareceu no libro...


... un enorme crocodilo, que comezou a comer as letras e incluso palabras e mesmo frases enteiras!




Queredes saber como acabou esta historia? Pois non dubidedes en mergullarvos nas páxinas dun libro enormemente divertido, como é Ábreme con mucho cuidado, ¡o te daré un mordisco! (Bruño), escrito por Nick Bromley e ilustrado por Nicola O´Byrne.



E logo de escoitar a lectura da obra, os nenos elaboraron o seu crocodilo particular:








Outro conto que nos visitou foi El regalo perfecto (Kókinos), de Guillian Shields, grazas ao cal descubrimos, xunto co osiño de peluche protagonista do libro, que é o amor.



Aquí tedes os nenos de 6º de Infantil C atentos á lectura da obra, realizada por Noe:


Outro conto co que desfrutamos especialmente estes días foi Las zapatillas del abuelo (Edebé), de Joy Watson, unha obra enormemente divertida na que asistimos aos mil e un intentos da avoa de desfacerse das vellas zapatillas do avó.



Carmen Cordonié Rodríguez, Isabel García López e Icía Gómez Betancur, alumnas de 4ºA de Primaria fixeron unha lectura dramatizada desta obra para os nenos de 1ºB de Primaria.






Unha das nosas principais preocupacións é transmitir aos nenos unha educación baseada na igualdade e na colaboración. Por esta razón, encántanos ler cos pequenos obras como O libro dos Porcos (Kalandraka), de Anthony Browne, que xira arredor da necesidade de compartir as tarefas do fogar.


Aquí vos deixamos o comezo da obra:

O señor Porcón vivía cos seus fillos,
Miguel e Antón, nunha bonita casa
cun bonito xardín, e cun bonito coche
nun bonito garaxe. Dentro da casa
estaba a súa muller.
"Bule co almorzo, muller". Berraba todas as mañás antes de marchar
para o seu importantísimo traballo.
"Bule co almorzo, mamá". Berraban Miguel e Antón antes de marcharen
para a súa importantísima escola.
E así un día e outro día, até que a señora Porcón se fartou de que sempre a tratasen como unha criada  e marchou, deixando unha impactante nota de despedida:  



Desde ese momento, papá Porcón e os seus fillos terán que facerse cargo de todas as tarefas da casa, que antes realizaba a señora Porcón: limpar, cociñar, facer a cama, pasar o ferro...

A lectura desta obra ante os nenos de 4ºC de Primaria, permitiunos establecer un interesante debate sobre a igualdade e a necesidade de compartir as tarefas domésticas.


A este debate tamén se sumaron Antía, Diego e Cristina, alumnos de 4º de ESO que naquel momento estaban na biblioteca, e que achegaron as súas opinións sobre o tema.



Outro momento especial entre os vividos esta semana foi a chegada das tablets, coas que xa se comezou a traballar coa fin de que os nenos se vaian familiarizando con elas, pois no próximo curso actuarán como un recurso didáctico máis en diferentes cursos de Primaria, nas asignaturas de Lengua Española, Matemáticas e Inglés. Aquí vos deixamos un enlace no que podedes ver a referencia que se fai do proxecto no xornal La Voz de Galiciahttp://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2016/04/26/fogar-santa-margarita-prueba-plataforma-digital-mejorar-rendimiento/0003_201604H26C6991.htm

Os nenos de 2ºB xa nolas viñeron presentar á biblioteca:





E o mesmo fixeron os pequenos de 2ºC:







E para rematar, despedímonos agradecendo a todos aqueles que participastes na actividade "Un neno, un libro" a vosa xenerosidade. Grazas a vós, novos títulos xa están a disposición dos nenos do Fogar, que xa comezaron a levalos en préstamo para casa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario