Hoxe falamos de libros cun dos grandes lectores do noso colexio, o noso compañeiro Fernando Tenreiro, profesor de Xestión do Pequeno Comercio, Marketing e DPV no CFGM de Comercio e Marketing. Nas respostas ás preguntas que lle formulamos, Fernando ofrécenos un percorrido por obras como As Aventuras de Alicia no País das Maravillas, O estranxeiro, O escarabello de ouro e outros contos ou O atraso económico de Galiza, ademais de achegarnos a algúns dos grandes autores da literatura universal, como Sartre, Galeano, Capote, Dahl ou Maupassant. Aquí vos deixamos con el:
1.O libro da túa
infancia…
Las aventuras del barón
de Münchausen, de
Rudolf Erich Raspe. Este clásico da literatura infantil recolle as delirantes
fazañas do protagonista, unha especie de antiheroe, ás veces cómico e en outras
moitas, lastimoso. Lembro que na portada do libro aparecía o barón “cabalgando”
sobre unha bala de canón.
2.Cales son os xéneros
que máis che fan desfrutar?
Novela clásica. Desfruto dos clásicos porque son universais e
atemporais: Los caminos de la libertad,
de Jean Paul Sartre; As aventuras de
Alicia no País das Maravillas; Los
miserables, de Victor Hugo; O
estranxeiro, de Albert Camus…
Ensaio. Gústanme os ensaios porque permítenme profundizar en
aspectos da realidade que me interesan: Las
venas abiertas de América Latina, de Eduardo Galeano; O atraso económico de Galiza, de Xosé Manuel Beiras; Chavs: La demonización de la clase obrera,
de Owen Jones; Narrativas económicas,
de Robert J. Schiller…
Contos, ou a arte de contar unha historia nunhas poucas
páxinas: Cuentos esenciales, de Guy
de Maupassant; Cuentos completos, de
Roald Dahl; Narraciones extraordinarias,
de Edgar Allan Poe (tradución de Julio Cortázar), Manual para mujeres de la limpieza, de Lucia Berlin…
3.Se puideses coñecer a
un escritor ou escritora, a quen escollerías?
Gustaríame ter coñecido a Julio Cortázar. É un autor que leo
e releo dende a miña adolescencia. Un dos grandes escritores de contos en
castelán, comprometido coa defensa dos dereitos humanos e da democracia.
4.O teu libro favorito…
A peste, de Albert Camus. Iste libro é unha
metáfora do eterno retorno do fascismo ambientada nun Orán illado pola epidemia
que a asolaga.
A sangre fría, de Truman Capote. Trátase dunha
novela de non ficción na que se recrean as circunstancias relacionadas co
salvaxe asasinato de catro membros dunha mesma familia nun pequeno pobo de Kansas.
El maestro y Margarita, de Mijaíl Bulgákov. Trátase dunha
sátira da sociedade soviética nos tempos de Stalin co Demo coma protagonista.
5.Se tiveses o poder de
converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías?
Pippi Långstrump, a nena ácrata
protagonista das historias curtas da serie Pippi, creación da escritora sueca
Astrid Lindgren. Penso que é a personaxe de contos para nenos máis imaxinativa
e rebelde, carente de prexuizos e contraria a calquera tipo de
convencionalismo.
6.Unha obra para tremer
de medo…
Calquera libro de contos de Edgar Allan Poe ou Lovecraft.
Como teño que elexir unha soa obra, quédome con O escarabello de ouro e outros contos, unha
selección de contos de Poe publicada por Xerais.
7.Un libro para
escachar co riso…
Non son de libros de humor, pero agradoume El abuelo que volvió para salvar al mundo,
de Jonas Jonasson. Narra as peripecias dun ancián que fuxe dunha residencia da
terceira idade o mesmo día que cumpre os 100 anos.
8.Que supón para ti a
lectura dun libro?
O pracer de desconectar temporalmente do mundo real, de
coñecer formas de pensar e vivir distintas das miñas.
9.Lectura en papel ou
dixital?
Sempre en papel. Gústame o olor a libro vello e o tacto do
papel. Non gosto nada da lectura dixital.
10.Para despedirnos,
uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase
especialmente:
“Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.”.
Trátase dun microrrelato de Augusto Monterroso, un dos máis curtos escritos en lingua
castelá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario