A semana pasada visitounos Susana, mamá de Jimena, de 3ºA de Primaria, que mantivo un encontro coa súa filla e cos seus compañeiros no que nos explicou en que consiste o seu traballo como profesora de gardería. Ademais, Susana, nos fixo desfrutar a todos co conto El ratón y la fortaleza, publicado por Susaeta dentro da súa colección "Valores".
Recomendámosvos a todos esta fermosa obra escrita por José Morán e ilustrada por Ulises Wensell, coa que, tal e como indica o seu título, poderedes falar sobre a importancia da fortaleza.
Ademais, queremos dar as grazas a Susana por dedicarnos o seu tempo e por ensinarnos tantas cousas sobre o seu traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario