Queremos compartir con vós o marabilloso traballo realizado polos pícaros de 6º de Infantil, que decidiron amosarnos o bos xornalistas e contacontos que son a través de Radio Fogar.
Os Iriños tiñan curiosidade por coñecer mellor á nova directiva da ANPA do noso cole, polo que lle propuxeron a Cristina e a Vicki, compoñentes da directiva, a realización dunha entrevista. Cris e Vicki aceptaron o reto e a experiencia resultou fantástica. Se queredes escoitar a entrevista, non tedes máis que picar aquí.
Os Pilitos andaban algo preocupados por como sería iso de pasar a Primaria, nivel no que xa estarán o curso que vén. Por esta razón, decidiron entrevistar a algúns dos seus compañeiros de 1º de Primaria e á profe Ana Martínez, mestra deste curso. Logo desta entrevista, os Pilitos xa coñecen moito mellor como é Primaria. Para escoitar a entrevista, non tedes máis que viaxar até Radio Fogar, picando aquí.
Pola súa banda, os Gemitos quixeron lembrar a obra escollida como temática principal do Entroido de Infantil para este curso: Oso Cazamariposas, de Susana Isern, publicada por OQO, e decidiron gravar a súa propia versión deste fermoso álbum, que compartimos con todos vós a través de Radio Fogar. Esperamos que vos guste! Para escoitala non tedes máis que picar aquí.
Como despedida queremos dar os parabéns a todos os pequenos xornalistas que participastes nesta actividade polo fantástico traballo realizado. Moi pronto teremos máis Radio Fogar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario