Estes días andivemos a traballar un dos contos máis coñecidos da literatura infantil: Garavanciño. Rebeca, Gonzalo, Uxía, Carolina, Martina e Leo, de 5ºA de Primaria, foron os encargados de representar este clásico para diversos grupos de Infantil, na versión de Olalla González e Marc Taeger publicada por Kalandraka.
Desde aquí queremos dar os parabéns a este grupo de contacontos xeniais, que en cada ensaio amosaron unha enorme ilusión por poñer en escena este conto para os pícaros de Infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario