jueves, 5 de febrero de 2026

Entrevista a Roberto del Río


Roberto del Río: “Sempre se aprenden cousas novas cada día”


 


Roberto del Río Santos é un electricista de CIE

 

UXÍA DEL RÍO BERMÚDEZ (2°ESO A)

 

Que foi o que lle gustou para ser electricista?

Que sempre hai cousas que facer e que se aprenden cousas novas cada día.


Que quería ser antes?

Quería ser militar.


Como empezou todo?

Meu pai preguntoume o que quería ser de maior e eu díxenlle que quería ser militar ou electricista.


Recorda cal foi o teu primeiro traballo?

Fíxeno co meu tío Xosé facendo rehabilitación dun edificio.


Como logra diagnosticar os fallos que parecían invisibles para os demais?

Depende da descrición do cliente; así saco as miñas conclusións.


De que proxecto ou instalación se sente máis orgulloso cando pasa por diante?

De todos eles polo seu labor e logro.


Que valores persoais cre que son vitais para un bo electricista?

Saber o regulamento  e despois a experiencia.


Que consellos lle daría a un principiante?

Que se fixe nos veteranos e que sexa humilde cos demais.


Vostede é Instalador Autorizado pola Xunta de Galicia?

Si, antigamente había que facer un exame para ser instalador oficial; agora, non.


Que certificacións ou carnés profesionais posúe?

Teño o especialista que podo facer todo incluso quirófanos.


Como interpreta un esquema ou plano eléctrico?

Pola simboloxía dime se é un enchufe ou un tema de corrente.


Que faría se ve que un compañeiro non está cumprindo as normas de seguridade?

Chamaríalle a atención e diríalle que o está facendo mal e diríalle como facelo ben.