Hoxe comezaron as vacacións e, polo tanto, o tempo de xogos, de praia e de longas tardes desfrutando da familia e dos amigos. Porén, quizais a algún de vós, mentres toma o sol na praia ou xusto antes de deitarse, lle apeteza relaxarse mergullándose nalgunha historia. Hoxe, 20 de xuño, Día Mundial do Refuxiado, recomendámosvos o libro Asmir no quiere pistolas, da autora australiana Christobel Mattingley, un relato baseado en feitos reais que constitúe unha clara denuncia contra a guerra.
A obra (que podedes encontrar nas Bibliotecas Municipais da Coruña) iníciase cos primeiros días da guerra en Bosnia no ano 1992 e os primeiros bombardeos sobre Saraxevo. Nesta cidade vive o protagonista, Asmir, un neno musulmán que vai tomando conciencia da crueldade e da senrazón que está a vivir. Con Saraxevo convertido nun inferno, a súa tía Melita chama desde Belgrado: hai un avión que está a evacuar a mulleres e nenos. Asmir, o seu irmán pequeno, a súa nai e maila súa avóa, coa axuda de seu pai, conseguen embarcar nel e refúxianse na capital de Serbia. Alí tampouco se senten seguros, polo que, pouco tempo despois, inician unha nova fuxida cara a Austria, unha viaxe que estará pragada de dificultades. Lograrán Asmir e a súa familia superalas e chegar a Viena? Coseguirá Muris, o pai do protagonista, sobrevivir ao inferno de Saraxevo?
Asmir no quiere pistolas é un relato realista que reflexa a situación dos refuxiados bosnios, dispersos por diversos países europeos. A historia destaca polo seu dramatismo e a súa emotividade, cun narador que vai dando conta dos terribles sucesos que acompañan todo conflito bélico: os primeiros bombardeos, a fuxida, a adaptación a un novo país, etc. A obra é un deses libros que non deixan indiferente ao lector, pois Asmir, ese neno que vive feliz coa súa familia e os seus amigos até que chega o horror da guerra, poderiamos ser calquera de nós. E ao igual que el, nós tamén temos algo claro: NON QUEREMOS PISTOLAS!
"Pero Asmir tenía muchos otros compañeros de juegos. Todos los días se veían en el parque del barrio, y echaban carreras entre los árboles, jugaban al escondite, montaban en los columpios y el subibaja, se perseguían y rodaban por la hierba y se divertían mucho.
Hasta que un día llegó la guerra a Sarajevo. Aparecieron centenares de soldados que disparaban rifles y ametralladoras. Las calles retemblaron al paso de los tanques y sobre la ciudad volaron aviones que lanzaban bombas."
No hay comentarios:
Publicar un comentario