Con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down (21 de marzo), desde a materia de Relixión decidimos achegarnos á figura de Pablo Pineda, mestre, psicopedagogo, conferenciante, escritor, actor, presentador e, sobre todo, un exemplo para todos pola súa loita contra os prexuizos en relación ás persoas con Síndrome de Down. Un grupo formado por Rodrigo, Paula Tieso, Nerea, Paula Sanchís e Sabrina, de 4ºC de Primaria, encargouse de realizar un traballo de investigación sobre esta figura. Logo de varias semanas de busca e selección de información, presentaron o traballo diante dos seus compañeiros.
Grazas a este grupo de investigadores de 4º, agora xa coñecemos algo máis sobre Pablo Pineda, primeiro cidadán europeo con Síndrome de Down en conseguir un título universitario, gañador da Concha de Plata do Festival de Cine de San Sebastián e loitador incansable na súa batalla a prol de que as persoas con Síndrome de Down formen parte da sociedade dunha maneira normalizada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario