sábado, 3 de marzo de 2018

VISITAMOS A REPÚBLICA DOMINICANA CON RAINIER E RAQUEL

Hai uns días, Rainier e Raquel, papás de Rainier, alumno de 2ºB de Primaria, visitaron a biblioteca para falarnos da República Dominicana, país que estamos a estudar dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES.



Rainier, natural da República Dominicana, e Raquel, gran coñecedora do país por ter residido nel, mantiveron un divertido encontro co seu fillo e cos seus compañeiros, no que falaron de mil e un aspectos da cultura dominicana: presentáronnos as principais cidades do país e os edificios e monumentos máis emblemáticos, achegáronnos á súa gastronomía e principais tradicións, etc.




Entre as cousas que máis nos chamaron a atención de todo o que nos amosaron estes papás xeniais, destacaremos a beleza da capital do país, Santo Domingo.



Unha beleza que acada o seu maior esplendor na súa zona colonial, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.




Ademais, desfrutamos enormemente escoitando como Rainier nos falaba do deporte máis popular do país, o béisbol, no que a República Dominicana chegou a ser campiona do mundo no 2013.



E, tamén, do sancocho, un dos pratos máis típicos do país, consistente nunha sopa espesa con todo tipo de tubérculos, legumes e carnes.




E nunha sesión sobre a República Dominicana non podían faltar a bachata e o merengue, dous xéneros musicais orixinarios do país, dos cales Raquel e Rainier nos impartiron unha clase, que os nenos e as nenas desfrutaron enormemente:








Desde aquí queremos dar as grazas  a Raquel e a Rainier por regalarnos unha sesión tan divertida e por ensinarnos tantas cousas da República Dominicana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario