lunes, 5 de marzo de 2018

E SEGUIMOS COA OBRA MONSTRUO ROSA

A pasada semana continuamos a desfrutar co álbum Monstruo Rosa (Apila Ediciones), de Olga de Dios, un conto que nos fala do valor da diferenza e da diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade. Se hai uns días foi un grupo de estudantes de 6º de Primaria quen dramatizou a obra para os pícaros de 5º de Infantil, nesta ocasión foron Candela, Claudia, Aroa, Olaia, Emily e Andrea, de 5º de Primaria, quenes achegaron este conto aos nenos e as nenas de 4º de Infantil.



Os pícaros tiveron que cerrar os ollos e desexar con todas as súas forzas que aparecese o protagonista da historia.



Tanto o desexaron, que o protagonista apareceu e, así, o conto comezou...




Todos seguiron moi atentos o que acontecía no escenario:




E logo, entre todos, falamos da lectura e do significado da historia:




Unha vez rematado o debate, todos cantamos e bailamos a canción de Monstruo Rosa:







A sesión rematou da mellor maneira posible: os nenos e as nenas de 4º de Infantil agradeceron mediante abrazos o esforzo das contacontos de 5º de Primaria.




Este mércores volveremos desfrutar con esta fermosa obra, nunha sesión na que este grupo de actrices de 5º de Primaria a bo seguro fará desfrutar unha vez máis aos pícaros de Infantil



No hay comentarios:

Publicar un comentario