lunes, 4 de junio de 2018

ACHEGÁNDONOS AO PARKINSON CO TEATRO E O PROXECTO "PONTE EN MI LUGAR"

Un curso máis, achegámonos a unha realidade como a do Parkinson grazas á Asociación Parkinson Galicia-Coruña, e ao proxecto "Ponte en mi lugar". Dentro deste proxecto, estudantes de 5º de Primaria prepararon unha obra de teatro para representar ante pacientes desta asociación.



 Logo de moitos meses dedicando os recreos a ensaiar, e de representar a obra diante de diferentes grupos de Primaria, por fin chegou o día sinalado: un grupo de pacientes da Asociación Parkinson Galicia-Coruña acudiu á biblioteca a presenciar a obra, que rapaces e rapazas de 5º puxeron en escena para eles, con moitos nervos e grandes doses de ilusión. A obra "O rei melón" (na adaptación teatral realizada por Joan Salvador a partir do conto popular) fíxonos desfrutar a todos, nun escenario no que destacou un impresionante decorado elaborado ao longo de varios meses polos pacientes da Asociación, guiados por unha persoa sen a que esta actividade sería imposible: Belén, unha das logopedas da Asociación Párkinson Galicia-Coruña.



Os ensaios comezaron polo lonxano mes de novembro, cando un grupo de alumnas e alumnos de 5º aceptaron, entusiasmados, o reto de preparar a obra. Así foron transcorrendo meses de ensaios nos recreos...








Até que chegou o momento de ir perdendo a vergoña diente dun público. Grupos como o de 4ºB de Primaria, foron así asistindo ás primeiras representacións da obra "O rei melón".



E un bo día, desde a Asociación, nos enviaron un agasallo que nos deixou sen palabras. Aquí podedes ver o espectacular decorado que, ao longo de varios meses, Belén e os pacientes da Asociación foron elaborando con moito agarimo e esforzo para os nenos e as nenas da obra:



Eles, xunto cos actores e as actrices de 5º de Primaria, son os grandes protagonistas. Por esta razón queremos enviarlles unha mensaxe: moitísimas grazas polo voso traballo e por todo o cariño e esforzo que puxestes na elaboración do decorado.







E logo de tantas horas dedicadas a ansaiar a obra e a crear o decorado, chegou o gran día. Todo estaba preparado para unha tarde de teatro:



Mentres o público asistente se acomodaba nas cadeiras, as actrices e os actores esperaban o seu momento cunha ilusión que se reflectía nas súas caras: 



Os nervos dos instantes previos desapareceron rapidamente cando Carla, presentadora da gala, deu comezo á obra: 



"O rei melón" botaba a andar diante dos membros da Asociación, que riron co espectáculo e animaron en todo momento:













Meses de ensaios concentrados en media hora de espectáculo, nunha obra feita a medias entre o Fogar de Santa Margarida e a Asociación Párkinson Galicia-Coruña. Cando todo sae ben, un só pode poñer un sorriso tan fermoso coma estes:




A obra remataba e Carla poñía fin ao espectáculo:



O público agradeceu con aplausos o esforzo e o bo facer do grupo de teatro no escenario:



E despois, chegou un dos momentos máis fermosos da tarde, cando nenos e maiores puideron conversar, coñecerse e agradecerse mutuamente o traballo levado a cabo.





A xornada de teatro remataba, mais quedaba aínda a segunda parte do proxecto "Ponte en mi lugar": un taller no que, grazas á visita de diferentes membros da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, o alumnado de 5º de Primaria se puido achegar ao día a día dun enfermo de Parkinson dunha maneira tan educativa como divertida. Sobre esta visita, teredes máis información en breve.





No hay comentarios:

Publicar un comentario